Quen somos?

Proxecto Ciencia Activa é o blog de aula dos alumn@s de bacharelato do Colexio Padre Feijoo - Zorelle de Ourense, que cursan bioloxía ou cultura científica. Esta iniciativa comezouse en setembro 2013, coordinados pola profesora Beatriz Temes Pérez. Actualmente ampliouse o alcance do proxecto para abranguer, baixo a coordinación do profesor Diego Iglesias Ucha, o departamento de Física e Química.
.
Proxecto Ciencia Activa
CURSO 2014-2015



Proxecto Ciencia Activa
curso 2013 -2014
Curso 2015-2016

Proxecto Ciencia Activa
CURSO 2016-2017

Curso 2017-2018



Todos os alumnos son os contribuintes, que procuran semanalmente facer algunha aportación sobre temas de ciencias, actualidade, novas, e outras actividades que se fan na aula coma conferencias, visitas,... Cada alumno elixe o tema dos seus post de xeito individual e o tema de cada podcast en grupo de dous ou tres alumnos.
 É unha boa ferramenta para publicar os traballos feitos polos alumnos coma vídeos, infografías, crucigramas, presentacións, que explican aos compañeiros a través da pizarra dixital na aula.
Tamén empregamos o blog para realizar tarefas guiados pola profesora da materia, algunhas a través de twitter ou outras ferramentas.
Ciencia Activa é unha fiestra dende a clase ó resto da comunidade educativa, pais, profesores e outros alumnos do Centro. O feito de estar presente o enlace do blog e do canal de ivoox, na web e redes sociais do Colexio, tamén  motiva ós alumnos a traballar nel.
Desexamos con este proxecto fomentar o traballo en equipo, así como participar de xeito cooperativo con outros proxectos do Centro, e aumentar as inquietudes polo aprendizaxe, a creatividade e a curiosidade de tod@s.
 Esperamos que vos guste!
                                                                                    

1 comentario: