miércoles, 14 de marzo de 2018

Morreu o pai da radiación Hawking! :-(


Esta pasada noite finou na sua casa de Cambridge no Reino Unido o físico teórico e pai da teoria da emisión de radiación polos buracos negros Stephen Hawking. Neste video o porpio Hawkig explica a sua teroria dos buracos negros 

 A maiores de ser unha das grandes mentes da nosa época e ser un grandísimo físico teórico, é recoñecido coma un dos mais grandes divulgadores de ciencia dos derradeiros tempos.

Hawking tiña un fino sentido do humor e bromeaba coa sua enfermidade (ELA), participou en series en múltiples ocasións facendo de si mesmo, tanto en series de debuxos animados coma Os Simpson, coma en sitcoms famosas coma The Big Bang Theory.

O científico visitou en varias ocasións a nosa terra, e gustoulle, gustoulle moito, tanto que cedeu o seu nome o IES Rosalía de Castro en Santiago de Compostela para que creasen un premio científico co seu nome.

Hoxe a ciencia está de loito.

D.E.P Sr. Hawking

jueves, 8 de marzo de 2018

Celebrando o Día Internacional da muller con mulleres de ciencia!

Ao longo da historia as mulleres tiveron moitas dificultades para poder estudar e formarse de xeito similar aos homes, aínda podemos ver coma estas dificultades foron ainda maiores no eido científico.  
Para conmemorar o Día Internacional da muller neste vídeo lembramos algunhas das mulleres de ciencia que queremos destacar:


CURIOSIDADES DE GRANDES MULLERES de ciencia e galegas:

Dna Ángeles Alvariño foi pioneira da oceanografía, un buque de investigación leva o seu nome! Con este vídeo se resume a súa vida e aportacións científicas, no ano 2015 adicaron o Día da Ciencia en Galicia a esta pioneira oceanógrafa!


Sabías que a Enciclopedia mecánica foi patentada pola mestra ferrolá (nacida en León), Dna Ángela Ruiz Robles, en 1949, e que foi o antecedente dos libros electrónicos. Non deixes de ver este breve vídeo sobre Dona Angelita a mestra inventora!




Olimpia Valencia 1922.jpg
Olimpia Valencia Nuñez



Sabías que ...non hai nin un século dende que a primeira galega se licenciou en medicina e comenzou a exercer a profesión? Poi foi unha ourensana, Dona Olimpia Valencia, que abriu en Vigo a súa consulta de xinecoloxía vencendo todas as dificultades.


Sabías que...Manuela Barreiro é a primeira galega en licenciarse en Farmacia, e abríu a súa botica en Ribadeo, a pesar que á petición de ingresar na universidade lle contestaban: "Perden o tempo as familias que teñen o mal gusto de enviar ás súas fillas ao laboratorio". insistiu e logrouno!