viernes, 9 de febrero de 2018

Os riscos do Mercurio!!!


O mercurio é un metal pesado prateado que a temperatura ambiente é un líquido inodoro. Non é bo condutor de calor comparado con outros metais, aínda que é bo condutor de electricidade. Alease facilmente con moitos outros metais como o ouro ou a prata producindo amalgamas, pero non con outros como o ferro. É insoluble en auga e soluble en ácido nítrico. Cando aumenta a súa temperatura por riba dos 40ºC, o mercurio vaporízase e cando arrefría as partículas deposítanse de novo. É daniño por inhalación, inxestión e contacto: tratase dun produto moi irritante para a pel, ollos e vías respiratorias. É incompatible co ácido nítrico concentrado, o acetileno, o amoníaco, o cloro e os metais.

¿Por qué é tan perigoso o Mercurio?


Resultado de imagen de peligros del mercurio
O mercurio constitúe unha ameaza especial para o desenvolvemento do neno no útero e nas primeiras etapas da vida. En especial a súa inhalación pode afectar gravemente a moitos órganos presentes no noso corpo. A inhalación do vapor de mercurio pode producir efectos perxudiciais nos pulmóns, nos riles, no sistema nervioso e inmunolóxico.

Os termómetros de mercurio prohibíronse na UE, xa que son un dos dez principais produtos químicos de maior preocupación para a saúde pública.  Entre os efectos graves sobre a saúde da exposición ao mercurio están os danos cerebrais e neurolóxicos, especialmente entre os xoves, ademais de danos reais e ao sistema dixestivo. 


Se os restos de mercurio se tiran ao lixo ou ao vertedoiro, poden acabar no mar, onde esta substancia tóxica acumulase nos peixes, sobre todo nos de maior tamaño que adoitan vivir máis tempo, que logo comemos. Un recente estudo detectou que son os mexillóns e o pez espada, as especies que acumulan os metais tóxicos.

Síntomas e sinais


Os síntomas comúns de envelenamento por mercurio son a neuropatía periférica (que se presenta como parestesia ou picazón, ardor ou dor), decoloración da pel (meixelas color rosa, os dedos das mans e pés), inflamación e descamación (desprendemento da pel).

Debido a que o mercurio bloquea a vía de degradación das catecolaminas, prodúcese un exceso de adrenalina que provoca sudoración profusa, taquicardia (latido cardíaco persistentemente máis rápido do normal), aumento de salivación e hipertensión (presión arterial alta).


Efectos do Mercurio: