martes, 18 de diciembre de 2018

Colaboración Postcrossing: Christmas Wishes!

O alumnado de Ciencias da Terra e do Ambiente de 2 Bac colaboramos co proxecto de centro Postcrossing Padre Feijoo Zorelle "Dende Ourense para el mundo", escribindo unha tarxeta de Nadal en inglés, destinada a Wilkesboro no estado de Carolina do Norte.
Aproveitando esta colaboración profundizamos no coñecemento ambiental de Carolina do Norte en Estados Unidos.

Ao arredor das dúas quintas partes de Carolina do Norte  extendéronse sobre a chaira costeira atlántica. Numerosas marismas e pantanos hai neste territorio. No noreste atópase a gran marisma da Dismal, tamén as bahías de Albemarle e Pamlico, que se localizan entre a costa e unha líña de illas chamadas os Bancos Exteriores. 


Na parte occidental do estado de California do Norte, o Blue Ridge é unha montaña que adoita ter a forma redondeada, tamén se poden atopar gargantas de ladeiras abruptas. A parte máis coñecida desta rexión montañosa é a dos Great Smoky Mountains. 
Os ríos máis importantes do estado son o Roanoke e Ohio. Na rexión do Blue Ridge Mountains atópanse unha serie de cascadas pintorescas. A zona costeira e a meseta de Piedmont están xusto dentro do límite norte da zona do clima húmido subtropical. No Blue Ridge o clima é húmido continental.

Flora, fauna e minerais representativos:

  • As especies arbóreas máis extendidas no estado son: cipreses, piñeiros, carballos, noces americanas, arces e abetos balsámicos. 
  • En Carolina do Norte abunda o corzo de Virginia, o mapache, o esquilo gris e o raposo. Os osos negros son comúns no Parque Nacional das Grandes Montañas ahumadas, un área natural que constitue unha das principais atraccións turísticas do estado e do país. Os patos, os gansos e outras aves acuáticas seguen as rutas migratorias sobre a zona costeira do estado. 
  • Os minerais máis abundantes en Carolina do Norte son: fosfatos, caolín,talco, litio, mica, olivina, amianto e pirofitas e varias pedras preciosas. 


Merry Christmas and a Happy New Year!





O alumnado de Ciencia Activa de 2º Bac vos desexamos unhas Boas Festas de Nadal!!!

martes, 11 de diciembre de 2018

A NASA logrou a aterrizaxe da sonda InSight

A Axencia Espacial Internacional (NASA) foi capaz de realizar a complicada tarefa do aterrizaxe da súa última sonda lanzada cara Marte, esa sonda foi chamada InSight e mandouse como remplazo do xa perdido Curiosity. Esta fazaña produciuse o dia 26 de novembro e agora so queda esperar a que o robot explore Marte. Enviará toda a información posible para poder aprender máis dese fascinante planeta  no que xa se sabe da existencia de auga fai miles de anos. A parte deso, o robot conta con instrumentos de perforación avanzados que permiten chegar a unha profundidade nunca antes alcanzada, a función de perforar tanta distancia e a de medir os movementos sísmicos para seguir cos estudos de dito planeta.


lunes, 10 de diciembre de 2018

O Goberno prohibira la venta de coches diésel e gasolina?

Agora non, pero...!!!!!
A partir do 2040 non se poderá nin vender nin matricular vehículos comerciales lixeiros que produzcan de forma directa emisións de dióxido de carbono.

Polo menos,así a figura na lei de Cambio Climático que prepara o Goberno  e que afecta os vehículos gasolina e diésel,híbridos e de gas,según a fonte de Ministerio para a Transición Ecológica.
O obxetivo da lei e que en 2050 no parque móbil sea libre de emisións




O texto co que traballa o goberno xa foi remitido nos diferentes partidos políticos e podrían presentarse no congreso antes de que acabe o ano,donde comezaría a sua negociación.



Para mais información pulse acá

A miña opinión e que é un traballo ben feito xa que aforraria moita enerxía e deixaría de haber tanta contaminación.

miércoles, 5 de diciembre de 2018

A contaminación da auga


A contaminación da auga afecta a todos os tipos de auga do planeta, dende océanos, ata lagos e ríos  
Este tipo de contaminación podo definirse de moitas formas, unha delas e a máis común é a que fai referencia a acumulación de unha ou máis substancias axenas a auga que se recolectaron ata tal magnitud que van serrando unha gran cantidade de consecuencias.


Causas da contaminación da auga:


*Actividades Humanas:

Polo xeral, este tipo de contaminación é xenerada na sua maioria ante as distintas actividades do ser humano.

*Aguas residuais:

Outro dos causantes comunes da contaminación da agua son os desperdicios e desfeitos  sólidos u orgánicos

*Desechos industriales:
 

As industrias representan  unha importante fonte de contaminación para a agua, dado  que provoca resultados realmente perxudiciais e moitos deles  permanentes no medio ambiente..

*Repercusión da contaminación atmosférica:

A acumulación dos gases mezclados na atmósfera co dióxido de carbono; o dióxido de azufre e os óxidos de nitrógeno son os que provocan a formación de un ácido débil.

¡que evitar que  a contaminación siga avanzando ata acabar ca  vida do planeta e todos os seus seres vivos!


martes, 4 de diciembre de 2018

Sinal de orixe descoñecido desde Marte

Hoxe en dia, cada vez estamos máis perto de encontrar una nova civilización externa ao noso planeta.
Axencias espaciais coma a NASA publican de vez en cando noticias de que perciben sinais externas ao planeta Terra, en algunhas delas descártase o orixe artificial pero noutras non se está moi de acordo  da sua orixe

O 15 de novembro a Axencia Espacial Internacional coñecida coma NASA publicou que recibiu una misteriosa sinal dende o planeta Marte, a cal foi descartada que se producira por o robot Oportunity.
Ainda non saben que foi o que provocou esa sinal, pero o que si se sabe e que é de orixe artificial.

lunes, 3 de diciembre de 2018

O camiño de Santiago xa é unha ruta de reciclaxe

Facer o Camiño é unha tradición cada vez máis popular. Estímase que máis de 300.000 peregrinos, chegan cada ano a Santiago onde se atesouran as reliquias do Apóstolo e conséguese a apreciada cuncha do peregrino.Tal multitude deixa a súa cheire, espiritual e material. Gran parte do camiño transcorre en paraxes naturais pouco acondicionados para a reciclaxe dos refugallos diarios e o lixo xerado. Cara a paliar este problema, a Xunta de Galicia, a Junta de Castilla y León, o Principado de Asturias e o Goberno da Rioxa, en colaboración con  Ecoembes, organización encargada da recollida e reciclado de envases en España, e  Cogersa (Compañía para a Xestión dos Residuos Sólidos) puxeron en marcha a campaña Camiño da reciclaxe, que xa conseguiu que todos os tramos do camiño portugués, do francés e do norte que pasan por estas comunidades autónomas teñan puntos de reciclaxe. É máis, este ano 2018, aumenta a zona de actuación no Camiño Francés, engadindo o Gobierno de La Rioja, e incluíndo o Camiño Portugués, en Galicia.

Peregrinos en el Camino de Santiago.
ElPeriodico.com

Camiño da reciclaxe, púxose en marcha en 2015 e proporciona ferramentas e solucións para xestionar os refugallos, tanto aos peregrinos como aos profesionais con establecementos ao longo do percorrido. Na actualidade, ao redor de 400 albergues sumáronse ao programa, e puxeron a disposición dos peregrinos puntos de reciclaxe fornecidos por  Ecoembes. Colocáronse dous tipos de contedores: o amarelo para os envases,  bricks e latas e o azul para cartóns e papeis.
Os responsables destas hospedaxes reciben distintos recursos para informar os peregrinos sobre unha correcta xestión dos refugallos entre eles, adhesivos con recomendacións, un libro de rexistro con suxestións e consellos, un diploma e un selo que os cualifica como  ecoalbergues.
A acción tamén inclúe información clara e en varios idiomas sobre como reciclar correctamente. Creouse un kit do peregrino, que contén bolsas  plegables  reutilizables, que permiten transportar o lixo de albergue en albergue.
O fin último desta campaña é facilitar aos camiñantes, que peregrinan centos de quilómetros cara a Compostela, as ferramentas necesarias para que poidan separar e reciclar os distintos residuos de envases que xeran en cada etapa. Unha actitude imprescindible se se quere manter libre de basuraleza (abandono de lixo nas contornas naturais) e manter en perfecto estado os percorridos que transitan por contornas incomparables.
Na miña opinión é moi boa idea por que así conseguiremos facer un mundo mellor colaborando con estas campañas e que non haxa tanta contaminación.

domingo, 2 de diciembre de 2018

Terremotos en Galicia!

A terra volveu temblar en Galicia. Un terremoto de magnitude 3,8 graos cuyo epicentro registrouse na localidade portuguesa de Melgaco fixo que o solo no sur da comunidade volvera agitarse pouco antes das nove da noite. A virulencia do temblor, un dos máis potentes que se rexistraron no últimos anos, deixouse notar especialmente na comarca do Condado.

O temblor tivo lugar as 20:55 hora española, unha hora menos en Portugal. Foi enon cando os sismógrafos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN) colocaban no mapa a población lusa de Melgaco e determinaban tanto a magnitude do terremoto como a profundidade á que se había producido: 12 kilómetros. O Instituto Portugués de Mar e Atmósfera (IPMA), pola súa parte, precisou que non se produciron danos personales nin materiales.

A comarca de Condado a máis próxima ao epicentro do terremoto foi o punto de Galicia no que máis se notou o terremoto de Melgaco. Así, sentiuse na Cañiza, Covelo, Mondariz, Ponteareas, Salvaterra, Arbo, As Neves, Crecente, entre outros concellos. A idea da forza do seísmo dana os informes do IGN que emite cada vez que saltan as alarmas: recibiron avisos a 95 km de distancia do epicentro. Son tres as localidades que, polo momento, citan na súa web: Vigo, Ribadava e Lalín.

O terremoto producese so 24 horas despois de que outro seísmo se registrase no Carballiño. De menos magnitude (2,8 graos), os sinógrafos do IGN registraron pouco despois do mediodía. Foi fai dous meses en Taboada canso se rexitraba un terremoto de magnitude 4,1 grados que facía temblar, como esta ocasión, a media Galicia. Foi o número 23 que se rexistraba na comunidade en un ano.

sábado, 1 de diciembre de 2018

Mamífero xigante que viviu na época dos dinosaurios

Trátase dunha criatura pertencente ao grupo dos mamíferos, que pesaba máis cunha ambulancia de hoxe en día e media 4.5 metros de largo e uns 2.6 metros de altura.

lisowiciaO seu nome científico é Lisowicia bojani, e viviu grazas as plantas das que se alimentaba durante o Período Triásico. O seu tamaño corporal podería haber sido impulsado pola necesidade de protexerse contra grandes depredadores ou coma unha forma de maximizar a retención de alimentos e a ganancia de enerxía.
Estes animais desprazábanse por lugares como África, Asia e América do Norte e do Sur.
"Creemos que es uno de los descubrimientos más inesperados del Triásico de Europa. Quién habría pensado alguna vez que existía un registro fósil de semejantes primos gigantes de los mamíferos de tamaño elefante en esta parte del mundo", afirmaba Grzegorz Niedwiedzki, líder do traballo que recolle a revista Science.
Varios investigadores afirman que Lisowicia bojani se convirtiu nun herbíboro especializado que se adaptou as necesidades do seu entorno. As escápulas masivas das súas extremidades indicant que foron animais posturais, que se movían sobre catro patas ou verticalmente para alcanzar os alimentos.

Se queres máis información,visualiza este video:



jueves, 29 de noviembre de 2018

Crean un avión sen emisións contaminantes



Son moitos os descubrimentos beneficiosos cara o medio ambiente que se levan a cabo nestes tempos, pero fai pouco, uns inxenieiros do MIT (instituto tecnoloxico de Massachusetts) foron capaces de crear o primeiro avión sen partes móviles nin combustibles fósiles capaces de danar o medio ambiente.

Este avión conta con 5 metros de envergadura e foi creado mediante o principio da electroaerodinámica, a aeronave é capaz de manter unha viaxe estable mediante propulsións de vento iónico, é un avión silencioso, sen partes móviles e completamente limpo cara o medio ambiente.

miércoles, 28 de noviembre de 2018

Importancia e beneficios das fontes de enerxías renovables!

Importancia e beneficios das fontes de enerxías renovables ou naturales
 Resulta moi importante ante o impacto das fontes de enerxías non renovables as cales contaminan o medio ambiente por a queima de combustibles fósiles.
 Unha alternativa que permite combater a contaminación, gases de efecto invernadoiro,cambio climático e o calentamento global como son as fontes de enerxías renovables.

 As enerxías renovables son aquelas que son naturais, inagotables e que se rexeneran nun tempo curto sen impactar sobre o medio ambiente. Obtense dos recursos da natureza como o sol, o aire, auga, chuvia, calor da terra, materia orgánica, entre outros. As enerxías renovables clasificanse en:
  •  Enerxía eólica 
  •  Enerxía solar 
  •  Enerxía hidráulica
  •  Enerxía de la biomasa 
  •  Enerxía xeotérmica 
  • Enerxía mareomotriz Por outro lado, entre os principais beneficios das enerxías:
  • Coidan e conservan o medio ambiente e os seus recursos naturais.
  • Reducen os problemas ambientais dos gases de efecto invernadoiro, combustibles fósiles, dióxido de carbono, calentamento global e cambio climático. 
  • Fomentan a eficiencia enerxética.
  • xeneran empleos. 
  • Promoven o desarrollo sostible.
  • Promoeven unha mellor calidade de vida. As enerxías renovables, verdes, limpias, naturais; son o futuro e deben ser promovidas por todos para un desarrollo sostenible.  
  • As enerxías renovables, verdes, limpias, naturais; son o futuro e deben ser promovidas por todos para un desarrollo sostenible!

Cúmprense 55 anos da viaxe do único felino enviado nun foguete espacial

Laika, a primeira cadela enviada ao espazo en 1957, levou toda a fama, pero no mundo animal non foi a única pioneira no espazo.
 Félicette foi seleccionada entre 14 exemplares de felinos hai agora 55 anos para unha viaxe inimaxinable para unha gata rueira de París: sobrevoar a superficie terrestre a 157 quilómetros de altura . O 18 de outubro de 1963 despegaba da base francesa de Colomb- Béchar, no Sahara alxerino, o foguete Véronique AG1. A bordo, a única pasaxeira era Félicette, a quen esperaba un percorrido de apenas 10 minutos. 

Un dispositivo parecido ao usado para lanzar ao felino ao espazo  

Ese tempo era suficiente para alcanzar os 157 quilómetros de altura, en plena ionosfera. Félicette chegou a esa cota viaxando a seis veces a velocidade do son. De malvivir nas rúas parisienses, Félicette pasou a experimentar, aínda que só durante cinco minutos, unha sensación vedada para a inmensa maioría de humanos: flotar grácilmente no interior dun foguete. Iso si, antes tivera que pasar por un desagradable adestramento, similar ao dos astronautas, que a expuxo a grandes forzas de aceleración. O experimento espacial, pensado precisamente para analizar os efectos da ausencia de gravidade nos seres vivos, tivo mellor final que o de Laika, que morreu polo sobrecalentamiento da súa nave horas despois do lanzamento. Félicette, en cambio, regresou sa e salva a terra tras saír despedida do foguete nunha pequena cápsula dotada de paracaídas.











Vídeo sobre Félicette: 


martes, 27 de noviembre de 2018

Protección para os carballos de "A Clamadoira"


Todos os galegos coñecemos a importancia dos carballos na nosa cultura e nos nosos bosques, e desgraciadamente cada vez hai menos de estos ao longo da nosa comunidade autónoma. Por ello, os cidadáns de Muiños exixen a protección duns destas árbores situadas nun dos principais santuarios da provincia de Ourense.
Os seis carballos que completan o paisaxe do Santuario de A Clamadoira máis un situado na capital de Muíños, todos eles centenarios e con gran valor ecolóxico e paisaxístico, protagonizan a loita pola súa inclusión no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, rexistro creado en 2007 para a protección deste tipo de árbores.
O Concello de Muiños leva anos en busca de esta catalogación para estos exemplares. Ourense é a provincia galega con menos árbores deste tipo (29), mentras que outras provincias son ampliamente superiores como Pontevedra (61), Coruña (56) e Lugo (41). 
O Concello alude a que desta forma o Santuario tería máis importancia turística e a zona sería máis recoñecida.
Un destes árbores e coñecido como o "castiñeiro senlleiro" de Mugueimes, e ten características moi especiais, como a de alcanzar os sete metros de altura e a de superar os 200 anos de idade. 
De feito, aquí vos deixo un vídeo que fala sobre o castaño máis vello de Galicia, que tamén se atopa en Ourense no concello de Manzaneda, é espectacular o seu tamaño e a súa grandiosidade!


Non cabe dúbida de que estas árbores deben ser protexidas, posto que senón nos preocupamos das nosas árbores autóctonas, algún día xa non dispondremos de elas nas nosas vidas!

Fonte da nova: consulta este enlace


lunes, 26 de noviembre de 2018

Zambia reactiva o plan para sacrificar a 2.000 hipopótamos!

Os hipopótamos!

O Goberno de Zambia decidiu reactivar o plan de sacrificar a uns 2.000 hipopótamos nos próximos 5 anos. Esta iniciativa suspendeuse fai dous anos como consecuencia das protestas das asociacións animalistas. Charles Bande, ministro de Turismo dixo que a poboación destos mamíferos podería non ter suficiente nivel de auga no río Luangwa, onde habitan a mayoría dos ejemplares, e sinalaron que trasladalos a outros lugares do país é demasiado costoso.
O Parque Nacional Luangwa Sur ten unha poboación de máis de 13.000 hipopótamos, pero a zona só ten unha capacidade adecuada para 5.000, por eso de momento só manteñen a posibilidade de sacrificalos, aclara Bande.

A organización ecoloxista británica "Born Free" (Nacer Libre) liderou unha campaña en 2016 contra o anterior plan de sacrificio, que entonces rechazouno por consideralo como caza de trofeos. Hoxe, Born Free dixo na súa páxina web que Zambia non aportou probas científicas sólidas que demostren a superpoboación destos animais. "As probas científicas suxieren que o sacrificio de hipopótamos estimula a cría e remata aumenmtando a poboación, creando un ciclo vicioso de morte e destrución", adverten.
No 2016, esta organización tamén puxo en duda as razóns científicas para sacrificar a hasta 2.000 hipopótamos en Zambia cando en todo o sur de África hai 80.000 exemplares.

Eiqui vos deixo un vídeo dos hipopótamos en Zambia, que resume este problema: 




viernes, 23 de noviembre de 2018

A Nasa atopa un iceberg ca forma dun rectángulo perfecto!

A Nasa atopou un iceberg xeométricamente perfecto. A entidade aeroespacial compartiu a imaxe dun enorme anaco de xeo de 1'5 KM de longo en forma de rectángulo. Atopouse flotando na costa leste da Península Antártica.
O iceberg foi descuberto durante un vuelo da Operación IceBridg. A imaxe tomouse no transcurso da operación, como obxectivo ten unha visión en 3D do xeo que resolveron tanto o Ártico coma a Antártida. Este iceberg caracterizase por ser un Tabular Iceberg. Segundo a entidade, os ángulos agudos ea superficie plana deste fragmento de xeo son indicadores en que o iceberg separou da plataforma xeo Larsen C.


A barreira do xeo de Larsen C está baixo vixilancia polos científicos porque mostra signos de desintegración. A preocupación baséase no feito do ano pasado o iceberg A-68, case tan grande coma a provincia de Gerona rompeuse.
O problema coas dúas separacións é que pode ocorrer unha colisión entre os dous icebergs, as cosecuencias reais da colisión non se coñecen.
A forma rectangular do iceberg tabular non é o máis común. Hai dous tipos de iceberg. Por un lado hai iceberg en forma dun prisma. Neles podes ver a punta pero non o corpo real da peza do xeo. Doutra banda están os icebergs tabulares, que separan os bordos das baldas de xeo cando crecen moito podese ver gran parte do seu volumen  fóra da auga.



jueves, 22 de noviembre de 2018

A importancia da Depuración de augas contaminadas!

Debido a súa alta toxicidade, a presenza no medioambiente de altas cantidades de metáis pesados nocivos para a saúde pode causar danos aos humanos. Os investigadores da Universidade Rey Juan Carlos desenvolveron materiais capaces de purificar o plomo e o zinc a partir da auga contaminada. Polo tanto, o desenvolvemento de métodos innovadores e económicos para a súa detección e eliminación nos medios acuosos supón un desafío para a comunidade científica 


O grupo da investigación, que dirixe a profesora titular da Química Analítica, Isabel Sierra desenvolveu un novo tipo de sílices capaz de adsorber eses metáis. Son materiais que teñen unha superficie elevada e poros de tamaño nanométrico que se adaptan perfectamente para cumprir esa función.



PROCESO


E moi similar ao que se produce nos humanos cando se consomé auga contaminada por estos metáis pesados: hai unha mimetización do zinc e do plomo con certas biomoléculas das células vivas que causan efectos tóxicos.









Para máis información pulse AQUÍ


Feito por Diana e Ariana de 2º Bachatrelato.


miércoles, 21 de noviembre de 2018

Que dana a capa de ozono?



O ozono está presente prácticamente en todas as  capas da atmósfera, pero é na estratósfera onde desarrolla principalmente a su actividad.

Nela hai un delgado estrato atmósferico chamado capa de ozono onde se concentra a gran maioría das móleculas de ozono, o ozono está formado por tres átomos de osíxeno e en presencia da  radiación ultravioleta se disgrega en outros compuestos de osíxeno, absorbendo a peligrosa enerxía que aporta esta radiación. É dIcir, esta capa protexe a  Terra dos raios ultravioleta.

A capa de ozono formanse de maneira natural mediante enlaces entre moléculas de osíxeno. En condicións normais, todo está en equilibrio. O ozono se xenera o mismo ritmo que se destrue.



Pero, desde fai varios anos estanse observando o espeso desta capa que se está reducindo, o cual é preocupante , xa que acabaría co equilibrio  na atmósfera. Os principales axentes da destrución do ozono estratosférico son maiormente o cloro e o bromo libres, que reacionan negativamente con ise gas. 

O proceso é moi dañino , ya que o promedio dun átomo de cloro é capaz de destruir 100.000 moléculas de ozono. Este proceso detense finalmente cando iste átomo de cloro mezclase con algún compuesto químico que o neutraliza.

Os productos que destruen a capa de ozono son:CFCs
Os elementos químicos chamados clorofluorocarbonos que se utilizan en aerosoles, lacas desodorantes, insecticidas, pinturas, sistemas de aire acondicionado, espumas sintéticas e frigoríficos. Poden manterse activos na atmósfera durante máis de cen anos movendose despacio a través dela antes de liberar cloro que destrue a capa de ozono. 

Consecuencias:

Un incremento das enfermedades da pele dos ollos.

A radiación ultravioleta atravesa o auga, polo tanto, o plancton e as distintas formas da vida mariña vense dañadas.

Existe un gran peligro para as cosechas, as plantas, a vexetación e para todos os seres que constituen a base da red alimentaria

martes, 20 de noviembre de 2018

A situación dos vertedeiros!

Como todos sabemos os vertedeiros de todo o mundo algunhas veces recíben toneladas de lixo o que precisa despois a duplicación do vertedeiro na maioría dos casos ou tamén a reducción do lixo do vertedeiro. Eiqui vos deixo o exemplo do vertedeiro de Alcalá de Henares, pero tende en conta que esta situación tamén a sofren a maioría dos vertedeiros Españois.

O vertedeiro a ceo aberto de Alcalá de Henares onde virten o lixo, sen tratar, 31 municipios de este da rexión con máis de 700.000 habitantes, colmatarase no primeiro trimestre de 2019, conclúe un informe da Mancomunidad do Este. O cierre da planta producirase sen que se haxan finalizado as instalación que a sustituiran en Loeches, cuya construcción non ha comenzado todavía. O regidor de Alcalá, Javier Rodríguez, pide ao Goberno rexional que se implique para buscar solucións que non pasen por aumentar a capacidade do vertedeiro unha vez cheo.

Javier Rodríguez está encantado de dar cerrojazo á instalación, que será sustituida por outra con maior capacidade e unha moderna tecnoloxía en Loeches. O Complexo Mediambiental do Reciclaxe, como se bautizou, extenderase por 57 hectáreas e xerou un forte movemento en contra, que, de momento, non conseguiu paralo.

A obra non se iniciou, o que xenera a incertidumbre de a qué lugar van ir as toneladas de lixo que recibe Alcalá (200.000 toneladas anuais) cando o vertedeiro chegue ao seu tope. O regidor sostén que a nova infraestructura estará operativa no primeiro trimestre de 2020. Pero ata entón é necesario encontar un acordo co Ayuntamiento de Madrid capital para utilizar a planta de Valdemingómez. Outra das opcións pasaría por construír un centro de transferencia con unha tolva que comprimise o lixo. Desta forma, reduciriase o volumen de forma moi importante e facilitaríase o seu transporte a outro lugar.

O terceiro camiño, que o alcalde rechaza, é ampliar a capacidade do vertedeiro alcalaíno, que solo se podería facer nun dos vasos que xa están cheos. "Nos opondremos de forma tajante a semaxante solución si se planteara", remarca Rodríguez. Fontes da Consejería de Medio Ambiente sosteñen que xa se abordou ca mancomunidad a situación a que se enfrentan e que están dispostos a colaborar e a facilitar calquera das tres opcións que se barajan.

·Eiqui vos deixo un video onde vos explica como se opón o Goberno a ampliación do vertedeiro:




lunes, 19 de noviembre de 2018

O segundo exoplaneta máis perto da Terra!

Descobren o segundo planeta máis próximo á Terra, o chamado Barnard B está en órbita ao redor dunha das estrelas máis próximas ao Sol: a estrela de Barnard B.
A aproximadamente 6 anos luz de distancia, é o segundo sistema estelar máis próximo a nós (o primeiro é  Alfa  Centauri). É un tipo de estrela débil e de 
muy interesante-Ciencia
pouca masa.
Considérase un dos mellores lugares para buscar candidatos a exoplanetas, a pesar de que o noso Sol é unha estrela de tamaño mediano. Por tanto,  Barnard B é o segundo  exoplaneta coñecido máis próximo ao noso Sol.
Trátase dun planeta potencialmente rochoso. É dicir, aínda non se probou  cúal é a súa composición exacta, pero o máis probable é que se trate dunha  súper-Terra, cunha masa polo menos 3,2 veces superior  a da Terra.

O ano nesta roca dura 233 días, ou, dito doutra maneira, ese é o tempo que tarda en orbitar á súa estrela.


 Ademais, o clima deste planeta tampouco axuda a convertelo nun fogar potencial. Estímase que a súa superficie ten unha temperatura duns -170 º C, o que indica que se trata máis dun mundo conxelado que dun planeta parecido á actual Terra. Con todo, convén lembrar que a Terra pasou por un período denominado Terra bóla de neve, fai uns 650 millóns de anos, unha idade de xeo 75 veces máis longa que toda a historia da humanidade. 
 Por tanto, isto non quere dicir que  Barnard  b sexa completamente  inhóspito, polo menos, non ao longo de toda a súa historia.
Aqui tedes un video para saber mais sobre Barnard B.
Na miña opinión creo que deberían investigar mais a fondo e descubrir se ai vida mais ala da nosa Terra

Atopan novos buracos negros masivos!

Descobren buracos negros masivos no espazo a punto de chocar no centro de decenas de galaxias.
Fontes confirman que cada segundo que pasa, a galaxia Andrómeda aproxímase cara a nós uns 110 quilómetros. A ese ritmo, prevese que en 4.000 millóns de anos Andrómeda comezará a fusionarse coa Vía Láctea, xerando unha galaxia xigantesca. Non é a primeira vez que pasa e de feito sábese que a nosa galaxia provén de fusións anteriores.

Etapas finales de la fusión de la galaxia NGC 6240. A la derecha se observan los núcleos, en cuyo centro existen sendos agujeros negros supermasivos
ABC.es
Crese que no futuro, Andrómeda e a Vía Láctea sumarán as súas estrelas e os seus núcleos, ocupados por senllos buracos negros supermasivos, fundiranse nun só, liberando unha cantidade de enerxía comparable á de millóns de supernovas e rasgando o espazo-tempo. Hai unha certa probabilidade de que, durante a fusión, o Sistema Solar acabe desprazado da súa posición actual, en principio sen sufrir ningún cambio.
Agora, un grupo de astrónomos publicou un estudo na revista Nature onde, por primeira vez, puideron observar varios procesos de fusión de galaxias en etapas moi avanzadas, e ademais en lugares «próximos». En todos eles, viron como parellas de buracos negros supermasivos, situados nos núcleos galácticos, están a punto de fusionarse nun obxecto aínda maior: un buraco negro ultramasivo

Ata agora, púidose detectar os procesos de fusión de buracos negros supermasivos dez veces máis afastados, que existiron cando o Universo era máis novo que o actual. Nestes casos, sempre existiu o problema de que cando os núcleos galácticos están a fundirse, as alteracións que provocan na gravidade xeran densas nubes de gas e po ao seu ao redor que dificulta poder velos. Estas mesma nubes, por certo, comezan a alimentar a estes colosos. Estes empezan a crecer e a emitir inxentes cantidades de radiación moi enerxética e poden converterse en cuásares.
Na miña opinión penso que pode perxudicar un pouco o contido de espazo pero toda a vida levanse descobrindo fenómenos no espazo e non creo que perxudique a ningún planeta das respectivas galaxias.

viernes, 9 de noviembre de 2018

Erradican mosquitos de malaria cun experimento de enxeñería xenética!

O experimento de enxeñería xenética, liderado por Andrea Crisanti, do Imperial College London, consistiu en introducir nun grupo de mosquitos portadores de malaria "Anopheles gambiae" uns xenes que modificaban os seus impulsos sexuais.
O experimento realizado con enxeñería xenética logrou destruír toda unha poboación de mosquitos de malaria engaiolados nun laboratorio, o que abre a porta para trasladar a proba a unha contorna natural.



Autor foto
En mosquitos, as técnicas de enxeñería xenética CRISPR permiten a transmisión de xenes específicos nun 99 % da descendencia, fronte ao 50 % que se constata no medio natural.


No experimento difundido este outubro, os autores conclúen que "a rápida e completa propagación deste impulso xenético, xunto coa ausencia de resistencia, fan que sexa realista efectuar estudos de campo contolados".


Na miña opinión é moi importante que se fagan estudos deste tipo que axudan a mellorar o nivel de vida do planeta erradicando enfermidades con grandes taxas de mortalidade, sobre todo en países pobres.


                                  Fuentes da información

miércoles, 7 de noviembre de 2018

Descúbrese o buraco negro de crecemento máis rápido

En maio de 2018 conseguiuse captar o máis voraz e impresionante buraco negro visto ata agora. Situado a uns 12.000.000.000 de anos luz e cunha masa equivalente a 20.000.000.000 de soles é unha gran noticia xa que se descubriu que devora unha masa equivalente á do sol cada 48 horas, 200 soles ao ano. 
Autor foto


Estas incribles cifras fan que este supermasivo buraco negro sexa tamén extremadamente brillante debido a toda a enerxía que absorve, en concreto o brillo desta besta é 10.000 veces superior ao da galaxia que o contén e se por exemplo estivese no centro da vía láctea veriámolo dez veces máis brillante que a lúa chea o que nos impediría ver as demais estrelas. Este sería o menor dos nosos problemas xa que a inmensa cantidade de radiación que emana del faría imposible a vida na galaxia, por sorte esta tan lonxe que o único problema que supón é o da súa comprensión para os astrofísicos.

Parécenme moi interesantes todos estas achegas que nos permiten comprender un pouco máis a inmensidade do universo porque, sexamos claros,a quen non lle interesa coñecer os segredos que o espazo aínda mantén ocultos?



  Fuente de la info.

martes, 6 de noviembre de 2018

Microplásticos nas feces humanas!


Un equipo de científicos encontraron por primeira vez mostras en feces humanas, o que apunta a que estas diminutas partículas podrían estar moi presentes na cadea alimentaria, según un estudo presentado hoxe no congreso médico de Viena.

Na investigación, realizada pola Agencia Federal do Medio Ambiente de Austria e a Universidade de Medicina de Viena, descubrironse microplásticos nas oito persoas que participaron, procedentes de diversos países de Europa,Japón e Rusia. Os participantes, cinco mulleres e tres homes de entre 33 e 65 anos, escribiron un diario sobre a súa alimentación durante unha semana e despois donaron a mostra de heces.


Todos os participantes no experimento consumiron alimentos ou bebidas envasados en plástico e a mayoría de eles tomaron pescado ou marisco, pero nadie se alimentou exclusivamente cunha dieta vegetariana.

Nas probas encontraronse ata nove tipos de plásticos diferentes con tamaños entre 50 e 500 micras, co polipropileno (PP) e o tereftalato de polietileno (PET). Ambolos dous son tipos de plástico frecuentes nas botellas e envoltorios de alimentos. Nas oito persoas detectáronse un promedio de 20 partículas por cada 10 gramos de heces. Os fragmentos de plástico de menos de 5 milímetros denomínanse microplásticos e empleanse, por exemplo, en productos cosméticos, pero sobre todo xeneranse pola descomposición de pezas deste material, sobre todo no mar.



Eiqui vos deixo un vídeo onde fan un breve resumen do citado. Espero que sexa interesante!




Opinión: Despois dos motivos citados anteriormente, é necesario que todas as persoas tiñamos máis en conta o uso do reciclaxe, para así, non perxudicarnos ao longo das nosas vidas. A contaminación dos plásticos é responsabilidade de todos.

A contaminación en España!

A exposición prolongada á contaminación atmosférica provocou a morte prematura de 518.700 persoas en 41 países de Europa en 2015, unha cifra inferior á do ano anterior, según o informe anual de calidade do aire realizada pola Agencia Europea do Medio Ambiente. Deste total, en España ascende a 38.600, un 23% máis que o ano anterior.

O científico Xavier Querol, profesor de investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, sinala que as mortes prematuras calcúlanse aplicando fórmulas matemáticas. Estas mortes ocurren antes de que unha persoa alcance a edad esperada, a que maraca a esperanza de vida para un país. Considérase prevenibles si a súa causa pode ser eliminada. É dicir, o ciudadano pode non fumar, pero non pode evitar a contaminación ambiental.

A razón da importante subida en España débese ás condicións climatolóxicas de 2015. Ata o 30 de novembro,a temperatura media situouse en 16'5 grados, 0'8 máis que o promedio do periodo 1981-2010, ademais o verán foi o segundo máis caluroso desde 1961. Nesas circunstancias, os contaminantes dispáranse.

O maior problema de Europa segue concentrándose nas partículas en suspensión, que provocaron 422.000 falecidos, o 81% do total. O resto débese as altas concentracións de dióxido de nitrógeno (NO2) e de ozono (O3), que provocaron 79.000 e 17.700 mortes prematuras.

O transporte rodado é unha das maiores fontes de contaminación atmosférica, a que tamén contribúen as emisións da agricultura, producción enerxética, a industria e os fogares. Cerca do 74% da poboación urbana en UE estuvo exposta a concentracións de PM2'5 (partículas de tamaño comprendido entre 2'5 y 10 micras) que exceden os niveis recomendados pola OMS (Organización Mundial da Saúde)

Aquí vos deixo un video onde vos explican de maneira esquemática todo o citado anteriormente: