lunes, 8 de mayo de 2017

Anunciando ciencia e teatro no IV Festival do Libro!

Ciencia Activa-bac prepararon "Aventuras Científicas" 2017
Ciencia, teatro, música e baile con "Aventuras científicas" no IV Festival do Libro!
"Aventuras Científicas" é un proxecto no que os alumnos de Ciencia Activa bac, dende a materia de Cultura científica, vimos realizando breves obras teatrais para o Festival do Libro do noso colexio. 
O proxecto consiste na selección de científicos relevantes, e elaborar obras de teatro por grupos, nas que representamos anécdotas ou achegas relevantes dos científicos elexidos.
Os nosos compañeiros de secundaria e 2º de bac, disfrutan vendo as representacións cheas de humor e de ciencia!
Este ano os elexidos foron Copérnico, Mendel, Pasteur e Darwin.
Como novidade antes das representacións teatrais fixemos un baile para presentar a nova edición de "Aventuras científicas", ca coreografía de Adriana de 4º ESO (bailan Adriana, Lidia, Ana de 4º con Marcial, David e Kevin de 1º bac).
 A letra é de David Rodriguez e a podedes ler a continuación. A música base do Príncipe de Bellair e as voces Andrea Santana de 3º ESO con Kevin e David de 1º Bac.
A canción de presentación é : "¡Un año más, a vivir el Festival!"


No hay comentarios:

Publicar un comentario