domingo, 21 de mayo de 2017

Descubren a un cervo comendo carne humana


Uns investigadores deixaron un cadáver humano nun bosque para estudar como os carroñeros aliméntanse dos nosos restos. Fronte ao corpo instalaron unha cámara, coa que esperaban gravar a raposos, voitres, mapaches e coyotes. Meses despois, as imaxes cazaron a un visitante inesperado: un xoven cervo de cola branca pillado cunha costela na boca.

Que os cervos se salten a súa dieta vexetariana de vez en cando non é unha novidade: peces, aves, morcegos e ata coellos mortos acaban algunha vez no seu estómago. A sorpresa está na orixe da carne, pois é a primeira vez que se observa a un cervo rebuscando entre ósos humanos.

Que pode facer que un animal herbívoro pase a comer carroña? Segundo o estudo, a fame. No inverno é difícil atopar alimento e un coello morto pode achegar minerais fundamentais como o calcio, o sal e o fósforo.

miércoles, 17 de mayo de 2017

"Microrrelatos científicos" no IV Festival do Libro!

Nunha nova edición de microrrelatos científicos no IV festival do libro, fixemos uns pequenos relatos con termos científicos. 
Dende a materia de Bioloxía e Xeoloxía organizouse este concurso onde os alumnos de secundaria e primeiro de bacharelato poidemos participar elaborando os nosos textos. 


Os seleccionados foron expostos nun mural feito por nós. O mural de temática científica representaba a figura de Mendel, referente indiscutible da xenética, e os guisantes nos que baseou o seu estudo. En cada guisante pegamos algúns dos nosos microrrelatos.

Neste vídeo podedes ver e escoitar algúns dos microrrelatos leidos polos seus autores:


Déixovos algunhas fotos do proceso neste gif animado:


ELABORANDO MURAL MICRORRELATOS CIENTÍFICOS
MURAL REMATADO!

lunes, 8 de mayo de 2017

Anunciando ciencia e teatro no IV Festival do Libro!

Ciencia Activa-bac prepararon "Aventuras Científicas" 2017
Ciencia, teatro, música e baile con "Aventuras científicas" no IV Festival do Libro!
"Aventuras Científicas" é un proxecto no que os alumnos de Ciencia Activa bac, dende a materia de Cultura científica, vimos realizando breves obras teatrais para o Festival do Libro do noso colexio. 
O proxecto consiste na selección de científicos relevantes, e elaborar obras de teatro por grupos, nas que representamos anécdotas ou achegas relevantes dos científicos elexidos.
Os nosos compañeiros de secundaria e 2º de bac, disfrutan vendo as representacións cheas de humor e de ciencia!
Este ano os elexidos foron Copérnico, Mendel, Pasteur e Darwin.
Como novidade antes das representacións teatrais fixemos un baile para presentar a nova edición de "Aventuras científicas", ca coreografía de Adriana de 4º ESO (bailan Adriana, Lidia, Ana de 4º con Marcial, David e Kevin de 1º bac).
 A letra é de David Rodriguez e a podedes ler a continuación. A música base do Príncipe de Bellair e as voces Andrea Santana de 3º ESO con Kevin e David de 1º Bac.
A canción de presentación é : "¡Un año más, a vivir el Festival!"