domingo, 30 de abril de 2017

Entrevista a Rafael Cachaldora no IV Festival do Libro!

Cachaldora entrevistado por Ángel y Alberto
Rafael Cachaldora é un artista ourensán que se adica a escultura e a pintura.
Os alumnos de bacharelato, con motivo do IV Festival do Libro, tivemos a oportunidade de recibir unha charla- obradoiro do artista, na que realizamos uns marcapáxinas seguindo as súas pautas e instruccións. Cada un de nós deixou fluir a súa imaxinación e o resultado foron orixinais marcapáxinas. A creatividade estivo presente en todo momento na divertida ponencia do artista.
Ao rematar a charla-obradoiro de Cachaldora poidemos entrevistalo para o noso canal de Podcast Ciencia Activa do Padre Feijóo Zorelle que neste post podedes escoitar. 
A entrevista foi realizada por Ángel Lorenzo e Alberto Iglesias de 1º bac. Rafa Cachaldora moi amablemente respondeu as nosas dúbidas e curiosidades sobre o seus traballos artísticos e a súa vida como pintor e escultor. 

As preguntas realizadas a Rafael Cachaldora foron as seguintes:

1- Cómo foi o teu acercamento ó mundo do arte?
2- Leimos que eres pintoescultor. Por qué pintura e escultura e non outra expresión artística?
3- Recordas a túa primeira obra? Qué era? Qué expresaba?
4- Podes permitirte vivir do arte?
5- De dónde nace a inspiración de Rafa Cachaldora?
6- Si as túas obras puidesen falar que dirían do artista?
7- Canto é o máximo tempo que tardaches en facer unha obra?
8- Qué intentas transmitir nas túas obras?
9- Qué artistas influiron na túa vida e quen che gusta dos actuais?
10- Cales foron as dificultades máis grandes que te encontraches no camiño para ser artista?
11- En qué proyectos estás traballando actualmente? 


Os estudiantes de 1º de bacharelato aprendimos e divertímonos ca visita de Cachaldora e agradecemos moito a súa xentileza e amabilidade ao adicarnos o seu tempo respondendo as nosas preguntas.

Moitas grazas, Rafa!


Cachaldora con alumnos, profes e a coordinadora do Festival ao remate da súa visita ao cole.