martes, 21 de marzo de 2017

22 de marzo- Día Mundial da Auga!

O Día Mundial da Auga celébrase o 22 de marzo desde 1993 como un medio para chamar a atención sobre a importancia e a defensa da xestión sostenible dos recursos da auga doce.
A creación deste día foi recomendado na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente e Desenvolvemento (CNUMAD) de 1992 en Río de Janeiro. A Asamblea Xeral das Nacións Unidas aceptou esta proposta e asignou o 22 de marzo de 1993 como o primeiro Día Mundial da Auga.

Cada ano, a ONU-auga, a entidade que coordina o traballo da Organización sobre a auga, destaca un aspecto particular sobre este tema.

O tema deste ano é "¿Por qué desperdiciar agua?". Concentrámonos no desperdicio da auga e como reducir e reutilizar ata un 80% da auga que malgastamos nas nosas casas, cidades, industrias e agricultura e que flúe entorno á natureza, contaminando o medio ambiente e perdendo nutrientes moi valiosos.


A auga é a substancia máis abundante da Terra e que se pode encontrar en 3 estados: líquido, sólido e gasoso. É indispensable para a vida xa que ningún ser vivo pode sobrevivir sen ela. Pero debido ás cantidades de residuos que botamos tanto ao mar, como ríos, etc. provocamos a súa contaminación.

A continuación déixovos este pequeno vídeo como axuda:




E agora pensade... Se todos axudamos a mellorar esta situación, tampouco sería tan dificil non? Tomade conciencia da importancia da auga e xuntos, conseguiremos que a auga nunca nos falte!

lunes, 20 de marzo de 2017

O equinoccio de primavera!

http://www.elconfidencial.com/sociedad/2017-03-17/equinoccio-primavera-cuando-es-20marzo-invierno_1350442/

O 20 de Marzo ás 11.29 horas comeza unha nova estación do ano, a primavera. O inicio da primavera ten lugar durante a xornada en que a duración do día e da noite coinciden en calquer punto da Terra, o que se denomina equinoccio. Neste intre, no hemisferio sur, da comezo o otoño tras varios meses de caluroso verán. Ademáis as horas de luz de día se alargan, nas latitudes da Península, o Sol sale polas mañás case dous minutos antes que o día anterior e pola tarde ponse un minuto máis tarde. Tamén hai que ter en conta o cambio de hora previsto para o 26 de marzo, no que habrá que adiantar os reloxes unha hora. Respecto á visibilidade dos planetas, durante esta estación Venus e Saturno serán visibles ao amencer. 
Finalmente, a primavera trae algunhas ventaxas e desventaxas; a polinización, máis ganas de pasear e sair grazas ao sol e alteracións do sono. Escoita este audio onde David, Kevin e Marcial explícanolo:

jueves, 9 de marzo de 2017

Zealandia, o continente oculto da Terra?


A enorme masa terrestre, formada por Nova Zelanda e outras illas, está na sua maior parte sumerxida!
Océano Pacífico, unha enorme extensión de terreo da cal sobresae Nova Zelanda, Nova Caledonia e outras illas, e que ten entindade suficiente para ser considerada un continente. Un grupo de xeólogos asegura que se atopa sumerxido no noreste do da unha masa continental separada, o fragmento de terra chámaselle Zealandia
Esta illa cobre 4,9 millóns de km cuadrados dos cales o 94% atópase baixo a auga. Os investigadores creen que é unha entidade xeolóxica distinta, xa que cumpre con todos os criterios apliados a outros continentes.
Non é a primeira vez que Zealandia proponse como un continente.
Se esta proposta fose aprobada pola comunidade científica, Zealandia convertiríase no séptimo continente según o modelo tradicional que inclue Europa, Asia, África, Oceanía e a Antártida. Máis hai outros modelos que dependen da área cultural.


Os investigadores suxiren unha razón xeolóxica para dividir os continentes, de forma que sexan grandes áreas identificables que atópanse sobre a codia continental. Este razoamento é o que lles leva a pensar que Zealandia, tamén debería ter a sua propia identidade. Según eles, un so ten que mirar un mapa barimétrico para apreciar a cuestión. 
Non é a primeira vez que Zealandia se propón coma continente. O asunto é obxeto de debate dende fai dúas décadas, mais os autores do último traballo están  convencidos da súa existencia. 




Misterios da xeoloxía, que espertan inquedanzas!