miércoles, 19 de octubre de 2016

Día mundial contra o cancro de mama!

Como todos sabedes, hoxe, 19 de outubro de 2016 é o a Mundial contra o cancro de mama. Unha enfermidade que ataca sobretodo ás mulleres. Afírmase que 1 de cada 8 mulleres padece de cancro de mama. Aínda así, a esperanza de vida frente o cancro ten vindo a aumentar entre uns 15-20%. O obxectivo actual da loita contra este tumor é coñecer mellor os mecanismos que interveñen para actuar nas orixes do problema.


Autor: ANSES

Algúns síntomas que as mulleres comezan a notar poden ser: aparición dun nódulo na mama ou debaixo da axila, dor na palpación da mama, cambio de tamaño, irregularidades no contorno, menos movilidade nunha das mamas ao levantar o brazo, aparición de úlceras ou "pel de laranxa", cambio de cor, cambios no pezón, cansancio...

É certo que o cancro de mama non se pode prevenir. Pero estudos recentes demostran que existen unhas medidas que poden axudar a reducir as posibilidades desta enfermidade, como pode ser: facer exercicio físico regularmente, evitando o sobrepeso e a obesidade tras a menopausia e evitando o consumo regular de alcohol.

Aquí deixovos un vídeo no que se explica o que é este cancro.




Neste presentación de Ciencia Activa feita en cursos anteriores tamén explicamos a esencia da enfermidade, a súa prevención e tratamento: 



Cancro de mama from cienciaactivazorelle

Todos sabemos que quen sufre esta enfermidade non é doado levantar cabeza e seguir con a súa vida cotiá, pero xuntos temos que fomentar o apoio a todas as mulleres que están nesta situación e enviar todas as nosas forzas para que poidan seguir adiante!

lunes, 17 de octubre de 2016

Test do magmatismo

Fixen este test en Educaplay para repasar os contidos dados na clase do magmatismo. 

Sorte coa actividade e espero os vosos comentarios co resultado que obtivestes! 

Magmatismo

martes, 4 de octubre de 2016

Relaciona da estructura interna da Terra.

Fixen esta actividade interactiva empregando unha ferramenta 2.0 chamada Educaplay. Serviranos para repasar os estudiantes de 4º da ESO e 1º Bac os contidos das primeiras unidades. Sorte, tendes dous minutos e tres intentos! 
Espero os vosos comentarios co resultado!


DINÁMICA TERRESTRE

lunes, 3 de octubre de 2016

Descubren a tumba dun bebe galaico- romano na Lanzada!


O estudio dos fósiles axúdanos a saber máis sobre a cultura dos nosos antergos, estes fósiles poderían aportar información sobre os antigos poboadores de Galicia. 

Os arqueólogos que estaban investigando nas proximidades á praia da Lanzada, atoparonse o martes día 20 cun enterramento de fai dous mil anos!
 Atopan unnha tumba, tratábase dun bebé de poucos meses  que estaba a dez metros da tumba dunha muller adulta localizada o luns 19 de setembro deste ano 2016. 
O director da excavación, D. Rafael Rodríguez explicou que se trataba de parte dunha necrópole que se extendía moito máis do que eles esperaban.
No caso da muller encontraron cravos ao redor do corpo, o que significa que ela foi enterrada nun caixón.
Según Rafael Rodriguez é previsible que mentres siga avanzando a exacavación se poidan encontrar máis tumbas, que sexan a pegadas dun asentamento hmano maior.

Quen nos ía dicir que un lugar tan emblemático para o turismo como é a praia da Lanzada na provincia de Pontevedra, escondería tesouros fósiles tan valiosos!