domingo, 10 de abril de 2016

Propoñen unha nova proteína como base dun fármaco contra a obesidade!

Un equipo de investigadores do Centro de Investigación Biomédica en Red-Fisiopatoloxía da Obesidade e da Nutrición (CIBERobn) demostraron que a uroguanilina é capaz de reducir o peso e a graxa en animais obesos, sen necesidade de rebaixar a inxesta de calorías ou alimentos.  
MBR Priza
Os científicos do Instituto de Saúde Carlos III e da Universidade de Santiago de Compostela (USC) realizaron este estudo, publicado na revista " Diabetes ",  probando o efecto desta proteína  en ratos obesos, tratados de forma crónica con uroguanilina, reduciuse tanto o peso coma a graxa sen modificar a inxesta calórica. A uroguanilina actúa sobre os dous tipos de graxa que temos no corpo. Por unha parte, esta proteína incrementa a actividade da graxa parda, que queima calorías para manter a temperatura corporal. Por outra parte, a uroguanilina estimula a diferenciación de graxa branca, que só almacena as calorías, a graxa parda, axudando así a queimar máis calorías. 
Este traballo suxire que unha vez que se produce a uroguanilina e se libera no intestino, chega ao cerebro, que é o encargado de transmitir as señais á graxa, para que deste modo a proteína exerza o seu efecto anti-obesidade.

Actualmente, o único tratamento efectivo contra á obesidade  é a ciruxía bariátrica, o que leva a pensar que aquelas proteínas liberadas polo sistema dixestivo deben ser cruciais na regulación do peso corporal. 
Polo tanto, a uroguanilina únese á lista de factores procedentes do sistema dixestivo que están sendo estudiados como tratamentos da obesidade. 


Lembremos a importancia dos bós hábitos alimentarios e como levar a cabo unha alimentación sá e equilibrada mellora a calidade de vida e mantén o control de peso, así coma nos axuda a regular os trastornos metabólicos coma os niveis de glicosa, colesterol, triglicéridos, ... en valores normais para a nosa saúde!