jueves, 10 de marzo de 2016

Un estudo demostra que o estrés extende o cáncro a través do sistema linfático

Un grupo de investigadores da universidade de Melbourne (Australia) descubriu que as hormonas do estrés incrementan a propagación do cáncro ao afectaren ao sistema linfático.
Xa se fixeran antes numerosos estudos sobre isto, pero ata agora aínda non se demostrara.
Hai probas que confirman que o estés está asociado a un aumento da mortalidade nos enfermos de cáncro a niveles avanzados.
Mediante unha serie de experimentos e un microscopio especial, comprobaron que as hormonas do estrés incrementan o fluxo de nanopartículas fluorescentes (que localizan células tumorais) a través do sistema linfático.
Ao bloquear a actividade de proteínas que detectan o estrés ou aquelas que facilitan a formación de vasos linfáticos, os científicos puideron reducir a difusión destas células canceríxenas.
Afirman que este é un descubrimento pode ser útil para axudar a frenar a extensión das células que poeden desenvolver unha enfermidade oncolóxica, como é o cáncro.