viernes, 29 de enero de 2016

Visítanos e entrevistamos á Doutora Cristina Losada!

 Pablo e Andrea gravando a entrevista a doutora Losada
O venres 29 de xaneiro contamos ca visita na aula da doutora Cristina Losada Pérez, ex-alumna do noso colexio e actualmente experta psiquiatra, que responde moi amablemente as nosas curiosidades no seguinte audio.
Ten moitas lembranzas da misma aula e profes, onde agora estamos nós, e cóntanos como os idiomas tiveron gran importancia na súa formación que lle permitiron facer o erasmus en Alemania e adicarse á investigación en Estados Unidos. 
A doutora C. Losada fálanos da súa forte vocación a mediciña e de como despois especialízase en psiquiatría e do seu traballo en Londres con enfermos esquizofrénicos e con transtorno bipolar. 
Na entrevista tanto no audio coma no vídeo gravado na aula (pendente rematar edición), onde nos visitou, é moi cariñosa contestou as nosas preguntas sobre depresións, adicións, transtornos aimentarios y de personalidad. 
Respecto as adiccións e as repercusións mentais nos adolescentes, a doutora Cristina Losada Pérez responde como, en moitos casos, o alcohol e o cannabis son causas principais dalgúns transtornos mentais.
Moi interesante a conversa con Cristina, a quen lle damos as grazas polo seu tempo e paciencia polos nosos erros. 
Felicidades doutora Cristina Losada Pérez pola túa exitosa carreira profesional! 
Noraboa Cristina eres un exemplo a seguir!
 






miércoles, 27 de enero de 2016

Un terremoto de magnitude 6,3 sacude Andalucía e Melilla!

Un terremoto de magnitude 6,3 tivo epicentro no Mar de Alborán, frente as costas de Alhucemas. Este terremoto sacudiu na madrugada do domingo ao sur da Península e la cidade autónoma de Melilla.
Que é un terremoto?
Un terremoto é un temblor da terra, un fenómeno de sacudida brusca e pasaxeira da codia terrestre producida por a liberación da enerxía acumulada en forma de ondas sísmicas. Tamén pode ocurrir por outras causas como, por exemplo, fricción no borde de placas tectónicas, procesos volcánicos o incluso pode ser causado polo home o realizar probas de detonacions nucleares subterráneas.
Nos terremotos destínguense:
-Hipocentro: zona interior profunda, donde se produce o terremoto
-Epicentro: área de superficie perpendicular o hipocentro, donde con mais intensidad repercuten as ondas sismicas.
Cales son as causas dun terremoto e donde se localizan?
As causas dun terremoto encontranse na liberación da enerxia da corteza terrestre acumulada pola consecuencia de actividades volcanicas e tectonicas, que se orixinan principalmente nos bordes de placa. Tamen existen outros factores que poden orixinalos:
-Acumulación de sedimentos por desprendementos de rochas das ladeiras das montañas.
-Fundimento de cavernas.
-Modificacións do réxime fluvial.
-Variacións bruscas da presión atmosférica por ciclones.

Se queres saber máis  sobre o terremoto de Andalucia e Melilla escoita este audio feito po Iván, Víctor e Karim!


Karim, Víctor e Iván grabando o audio na aula!

viernes, 22 de enero de 2016

Viaxamos a Antártida sen saír do salón de actos!!

O pasado xoves 21 de xaneiro, contamos co privilexio de establer comunicación coa base Española situada no ''sexto continente'', en Illa Decepción, separada de nós por miles de quilómetros.


Foi unha experienia única, grazas a cal, coñecimos un pouco máis do inhóspito continente: a súa sismoloxía, a súa biosfera, como é o día a día nunhas condicións tan extremas, como se levan a cabo as labores de investigación... Entre moitos outros.



Incluso nos deron a oportunidade de facer todas as preguntas que tivésemos. Non quedamos con ningunha inquietude!. Algunhas das preguntas plantexadas foron:

-Cal é a fución da patrulla de servicio?

-A qué temperatura ten que estar a auga para poder bucear?

-Algunha vez tivéstedes algún enfermo que precisase ser trasladado?

Todas estas dúbidas foron resoltas con gran amabilidade e sensatez.
 Ao meu parecer, tivemos a chamada de skype máis instructiva e trascendente que se pode ter!

Podédeslle botar unha ollada a estos reportaxes da conferencia:

http://www.crtvg.es/informativos/conexion-escolar-coa-antartida

https://www.youtube.com/watch?v=bW8N2w061Sk Telemiño


martes, 19 de enero de 2016

Preparando "Aventuras científicas"

Aventuras Científicas" proxecto para o III Festival do Libro, dentro da materia de Cultura Científica. O proxecto consiste en elexir figuras relevantes d "a historia da ciencia que nos chamaron a atención, e elaborar breves obras de teatro para interpretar aos  compañeiros doutros cursos.A idea e que aprendan algo da historia da ciencia de xeito divertido
A clase divídese en grupos, e cada grupo colleu o científico que lle resultou mais interesante.Os científicos elexidos son os seguintes: Einstein, Rosalind Franklin, Watson e Crik, Copérnico,Galileo Galilei, Leonardo Da Vinci, Arquímedes, Newton e Madam Curie.
Nos grupos organizamos o traballo da seguinte forma:

  1. Elección dos científicos en cada grupo.
  2. Labor de investigación sobre a vida e experimentos do científico elexido.
  3. Posta en común sobre os datos mais relevantes e curiosidades que queremos destacar do científico.
  4. Comezamos a pensar na posta en escena e dialogos sobre as pequenas representacións teatrais.
  5. Escribimos os diálogos dos narradores e dos interpretes das nosas pequenas aventuras científicas.
  6. Apuntamos todo o material que precisamos para a posta en escena, e vestimentas para cada actor. (Aproveitamos complementos e accesorios do entroido)
  7. Practicaremos as obras teatrais durante o mes de febreiro e representarémolas no III Festival do libro.
Deixovos algunhas fotos dos grupos na labor de investigación e redacción das "aventuras científicas":





lunes, 11 de enero de 2016

Un ribosoma artificial!

Este novo ribosoma artificial, chamado Ribo-T, foi creado por Alexander Mankin, o director do Centro de Ciencias Biomoleculares adscrito á facultade de Illinois, e por Michael Jewett, da Universidade do Noroeste en Estados Unidos. 
O ribo-T é un ribosoma artificial que funciona case tan ben como o verdadeiro orgánulo, que produce todas as proteinas e encimas da célula.
File:Ribosome mRNA translation es.svg

Que é un ribosoma? E cal é súa función?
Os ribosomas están formados por ARN e proteinas e son os responsables da traducción do ARN mensaxeiro, un proceso fundamental para a célula. Os diversos tipos de proteinas levan a cabo un extenso conxunto de funcións, dende a dixestión ata a creación de anticorpos.
Esta nova tecnoloxía permite coñecer mellor o funcionamento e a formación dos ribosomas naturais. Conducirá a achega de novos antibióticos e axudará na creación de ribosomas para elaborar proteinas con funcións que serían imposibles de conseguir nos organismos vivos.
Este vídeo lembra a función dos ribosomas: