lunes, 26 de octubre de 2015

As persoas en coma perciben estímulos!

Allan Ajifo
A pesar de que non poden moverse, as persoas en coma son conscientes do que lles rodea, sen embargo, non poden responder, xa que unha vía de comunicación no cerebro está interrumpida.

O tálamo considerase o recetor do cerebro xa que por el pasan as sensacións procedentes de todos os sentidos,agás a do olfato.Por iso,cando se está en coma o tálamo queda inutilizado e non pode recibir a información dende o cerebro e posteriormene emitir unha reposta.

Na actualidade, numerosos estudos están a intentar solventar este problema.O obxetivo final é utilizar está información para levar a cavo terapias específicas, co fin de mellorar a calidade de vida dos pacientes en estado vexetativo.

Cos novos avances actuais,podese axudar a unha persoa en coma a que poida recuperar incluso un movemento nun dedo abrindo moitas posibilidades de comunicación e control do que lle rodea.

                                                  Vídeo orientativo:

miércoles, 14 de octubre de 2015

Smiley Water- Termalismo solidario!

Smiley Water é o novo proxecto do Coro do Colexio Padre Feijoo-Zorelle! 
Este proxecto, presentado o pasado 24 de setembro na 15ª edición de Termatalia realizada na nosa cidade, ten como obxetivo usar o termalismo do que dispoñemos en Ourense con fins solidarios para axudar aos nenos refuxiados.
Os integrantes do Coro, contarán coa inestimable axuda de Alejandro Abad, compositor e productor de relevancia internacional que xa ten unha boa relación co colexio grazás a anteriores proxectos e xuntos farán de Smiley Water unha realidade solidaria!

Grabarán un videoclip cun tema composto polo propio Alejandro Abad que interpretará cos nenos do coro do Colexio Padre Feijoo. Tamén participarán outros países presentes nas 15ª Xornadas Internacionais de Termalismo celebradas este setembro en Ourense.
Neste vídeo Carolina, Natalia e Daniel entrevistan a Mª José Novo directora do coro e os nenos coristas que explican o proxecto con moita ilusión!



Felicitar a Alejandro Abad, aos rapaces e rapazas do coro e a súa directora María José Novo, á Dirección do Colexio, á Cruz Vermella, e á Deputación de Ourense por tan maravillosa idea e polos esforzos que están pondo por facer que un fermoso sono solidario chegue a centos de persoas necesitadas.


Se queres saber mais a cerca de Smiley Water o seu blog clicando aquí.


sábado, 3 de octubre de 2015

Avispas asiáticas e autóctonas!



 Asi son as avispas asiáticas 
Esta especie chegou a Europa nas adegas dun barco mercante chinés, grazas ao seu gran tamaño e unha picadura moi daniña, coronouse como o insecto máis tóxico do país.
O seu alcume (Asasinas)  ven a eles pola súa natureza agresiva e ser máis  resistente que os seus primos europeos, este animal pode medir ata 3,5 cm e difiere da característica do vello continente na súa cor negra.
É un gran insecto cun  poderoso veleno máis  que as europeas .O aguillón da "Hornet xigante" deixa un inchazó de varios centímetros e dor intensa durante 24h.
Esta semana foron rexistrados en Galicia varios ataques de avispas asiáticas, deixando un deles unha víctima mortal . En concreto, unha octoxenaria faleceu o pasado luns en Cuntis ( Pontevedra) tras sufrir máis de 30 picaduras, tanto de avispas asiáticas como das autóctonas  en cara e brazos .
En España existen 800.000  persoas alérxias aos himenópteros - abellas , obellóns ,formigas e avispas e cada ano  a cifra ínflase un pouco máis .estas reaccións chegan sen avisar " nunha primeira picadura non ten que pasar nada pero pode xerarse  un proceso de sensibilización  que desencadee a anafilaxia na siguente vez".
E como recoñecer un brote alérxico a tempo? Maniféstase con picor e erupción a distancia da picadura ou por toda a pel  explican dende a Sociedade Española de arlegoloxia e inmunoloxia clínica ( SEAIC). Se non se trata a tempo, os síntomas poden derivar en vómitos, asfixia, perda da conciencia e no peor dos casos a morte.