jueves, 24 de septiembre de 2015

Termatalia 2015 na nosa cidade!


Victor Hermida Prada
O día 24 de setembro arrancará en Ourense a 15ª edición de Termatalia, un congreso internacional de termalismo que promove o uso das augas minero-medicinais, destacar que coincide co 1º Congreso Internacional da auga da Universidade de Vigo, nestes días a auga protagonista das actividades da nosa cidade!
Termotalia permanecerá aberta ata o vindeiro día 26 e o seu obxectivo é promover a cultura da auga e incrementar o número de consumidores a nivel mundial, non sendo soamente as termas o principal desta feira (que son unha parte moi importante de Ourense, sendo esta a capital termal española); senón que tamén incentiva aos visitantes a probar as distintas variedades de auga que se poden atopar na zona de cata de augas ou no bar de augas no que se atopa unha longa carta deste líquido, xa que a auga ao contrario do que a xente pensa, non sabe toda igual debido a cantidade de sales minerais que contén cada unha. Sendo una feira internacional; xa que participarán 25 países, Termatalia fomentará o intercambio de experiencias entre distintos continentes para obter un punto de vista global do sector. Contará cun gran número de visitantes que terán unha entrada gratuita ao recinto feiral.
No seguinte audio Andrea, Víctor e Daniel comentan a orixe termal da nosa cidade onde a auga é protagonista!






Vídeo informativo/promocional:   Idioma-Castellano


martes, 22 de septiembre de 2015

Stephen Hawking desvela o segredo dos buratos negros!

Un novo estudo de Stephen Hawking sobre os buratos negros afirman que non eran como pensábamos.
                                                                               

O prestixioso científico afirma decatarse de que estes corpos espaciais tan descoñecidos carecen de "horizonte de sucesos" , e en cambio teñen un "horizonte aparente" no que a materia e a enerxía, a diferencia do horizonte de sucesos, quedan atrapadas unicamente durante un tempo limitado.
Este plantexamento concorda cunha das bases da física cuántica, a cal indica que a información non pode ser destruida en ningún caso.
A nova aportación de Hawking da máis sentido a estes descoñecidos corpos espacias, e a pesar de que recibiu numerosas críticas, esta nova teoría plantexa un sin fin de novas ideas e cuestións sobre o noso enigmático e inexplorado universo.

Vídeo informativo:    Idioma-Inglés        (Moi interesante!)

miércoles, 16 de septiembre de 2015

Inicio curso 2015-2016

Iniciamos o curso e retomamos a actividade do "Proxecto Ciencia Activa" con novos contribuíntes. Os alumnos de cultura científica e bioloxía e xeoloxía que comezan hoxe 1º  bac e os que cursen en 2º bac a materia de bioloxía, serán os responsables da actividade do blog.
 Pronto colleredes o relevo en todas as tarefas: post, audios, vídeos, twitter...Esta semana empezamos xa!
Ánimo e lembrade que é o voso blog de ciencia!
               
                       Benvid@s a tod@s e a investigar!