lunes, 1 de junio de 2015

Día da Ciencia en Galicia

O primeiro Día da Ciencia en Galicia celébrase o 1 de xuño de 2015. Alvariño foi unha investigadora ferrolana, unha das máis importantes no zooplancton, debido a que descubriu 22 novas especies. Os estudos que realizou acerca do zooplancton abriron as portas á divulgación científica en Galicia.
Debemos destacar a dificultade da época na que viviu Alvariño, principios do século XX, onde a investigación en España era impensable para as mulleres.
No noso colexio adicamos esta semana a expoñer traballos de ciencia de todos os niveis, xa que o 5 de xuño remata a semana co Día do Medioambiente.

1 comentario: