miércoles, 17 de junio de 2015

Aventura Espiral!


Rematamos o curso cunha experiencia moi enriquecedora, ver reconocido o traballo de todo o ano a través dun premio ao noso blog: 
Peonza de bronce na categoría Blog alumnos BAC- Espiral 2015!



 "Proxecto Ciencia Activa" algo máis ca un blog!
É un proxecto que recolle un xeito diferente de traballar cas Ciencias do Mundo Contemporáneo, empregar as tic para expor os nosos traballos, facer entrevistas, ler artigos de ciencia, presentacións feitas e explicadas por nós, videopoemas, audiovisuais, microrrelatos científicos, tarefas en twitter, o noso facebook, canais de audios e tv, entradas no blog de temática de ciencias, asistir á exposicións, conferencias de temas actuais de ciencia, implicar a outros niveis educativos do centro na elaboración de maquetas, ou tutelar prácticas de laboratorio a estudiantes de infantil...
Grazas a todos os ponentes, entrevistados, profesores, alumnos e a dirección do Colexio por colaborar e apoiar á Proxecto Ciencia Activa! 
Un privilexio ser á vosa profesora e compartir tantos momentos bós, a miña obriga coordinar, guiar, animar e aprender con todos vós!
Noraboa rapaces!
Disfrutemos deste vídeo que recolle momentos especiais da aventura espiral! 
Con cariño, Bea.



   

jueves, 11 de junio de 2015

Darwin e o nacemento do Evolucionismo!


Darwin publicou as súas ideas evolutivas na obra A orixe das especies, precursora da literatura científica e fundamento da teoría da bioloxía evolutiva.
Os puntos básicos da Teoría evolutiva de  Darwin son:
  • Elevada capacidad reproductiva das especies, de forma que hay máis descendentes dos que poden sobrevivir, e prodúcese unha loita pola supervivencia.
  • variabilidade xenética, e decir os individuos obtidos por reproducción sexual son distintos uns de outros.
  • Actúa o mecanismo da selección natural, a natureza elixe aos individuos máis aptos, éstes sobreviven e se reproducen trasmitindo estas características.
Coas súas ideas evolutivas Darwin revolucionou a comunidade científica, e él mesmo tivo que enfretarse a súas propias ideas que o facían confrontar os seus principios relixiosos. 
Visitamos unha exposición guiada sobre a vida e obra de Darwin e profundizamos no estudo da súa Teoría Evolutiva baseada na "selección natural", aínda que ata o neodarwinismo non se coñecían as bases xenéticas da herdanza que complementaron as súas ideas.
Neste eixe cronolóxico reflexo algunhas das súas obras máis representativas:
No mes de maio visitamos unha interesante exposición sobre a figura de Darwin e o seu papel como evolucionista, ao ser unha exposición guiada aprendimos moitas curiosidades sobre a obra e a vida de Charles Darwin.
                                                              
                                                                                Jonathan Cid-1ºBAC

                                                                                      
                                  Os alumnos do Proxecto Ciencia Activa na visita á exposición de Darwin                                                                             

viernes, 5 de junio de 2015

Charla sobre o procesamento de imaxes e vídeo e a utilización de drons!

 Iván Gómez Conde é doutor en Informática con mención Internacional no campo da visión artificial. Actualmente traballa como docente na Universidade de Vigo e fai tarefas de investigación no grupo MILE (bioMedical Informatics and signaL procEssing)
Iván Gómez impartiunos unha interesante charla con dúas partes ben diferenciadas: 
Primeiro falounos das súas investigacións sobre procesamento de imaxes e vídeos, e despois explicounos qué é un dron e as súas utilidades.
Interesante cómo o diseño de algoritmos matemáticos son esenciais en enxeñería informática e como se precisan para a interpretación de supostos prácticos como o diseño de cámaras que detecten o movemento humano e diferencien as accións que se realizan, e como esto se pode usar como sistema de vixilancia de persoas que vivan soas. Foi un dos exemplo que Iván Gómez nos espuxo, tamén falamos de videoxogos!
Aínda que o máis sorprendente da ponencia foi a explicación de que é un dron, as partes e alguha das utilidades, com o seu uso para  detección de incendios. O feito de ver o dron e o mando interesounos a todos!
O remate da conferencia os compañeiros David Antelo e Daniel Otero fixeron unha entrevista ao conferenciante que resume os puntos básicos da charla, podemos escoitala neste podcast:


GRAZAS IVÁN!
Iván Gómez Conde cos alumnos do Proxecto Ciencia Activa
GRAZAS IVÁN! 



martes, 2 de junio de 2015

Proxecto de elaboración maqueta de ADN: "Coñecendo ao ADN"

Preparando o stand "Ciencia Activa"
Con motivo da celebración da Semana da Ciencia no Colexio Padre Feijóo-Zorelle, os Departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía coordináronse na elaboración dunha gran molécula de ADN na que participaron alumnos de secundaria e de bacharelato.
Os alumnos do Proxecto Ciencia Activa participaron na montaxe, pintura e elaboración do documento coas explicacións básicas da composición do ADN, o concepto dun xen, e os conceptos precisos para entender a maqueta. Aquí pódese ver o dosier explicativo subido en Issuu:

No seguinte vídeo recollemos un resumo desta tarefa realizada durante as tres últimas semanas do mes de maio. Como obxectivos deste proxecto destacar o traballo colaborativo entre os Departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía, e a implicación de alumnos de secundaria e bacharelato. A molécula permanecerá no hall ata o venres e levarase ao laboratorio de Ciencias Naturais.


lunes, 1 de junio de 2015

Día da Ciencia en Galicia

O primeiro Día da Ciencia en Galicia celébrase o 1 de xuño de 2015. Alvariño foi unha investigadora ferrolana, unha das máis importantes no zooplancton, debido a que descubriu 22 novas especies. Os estudos que realizou acerca do zooplancton abriron as portas á divulgación científica en Galicia.
Debemos destacar a dificultade da época na que viviu Alvariño, principios do século XX, onde a investigación en España era impensable para as mulleres.
No noso colexio adicamos esta semana a expoñer traballos de ciencia de todos os niveis, xa que o 5 de xuño remata a semana co Día do Medioambiente.

A difusión do noso blog!

Os membros de Proxecto Ciencia Activa estamos moi contentos de estar entre os tres gañadores da categoría de blogs de alumnos Bacharelato na IX Edición Espiral-EduBlogs. Na nosa cidade saímos na prensa local, no xornal La Región, e cando o viron os da TVG viñeron a aula a facernos unha entrevista.
É incríbel!