martes, 26 de mayo de 2015

A entrega de premios IX Espiral-Edublog cada vez máis preto!



O feito de participar e resultar premiados na IX Edición de Espiral-Edublog énchenos de ledicia e é unha inxeción de motivación para seguir traballando. Xa falta menos para o 13 de xuño!
Durante este curso traballamos Bioloxía e Ciencias do Mundo Contemporáneo dun xeito distinto! Na clase programamos tarefas todos xuntos, ou a través do blog guiados pola profesora, sempre opinamos e participamos nas tarefas que máis nos atraen, eleximos os temas e novas dos que imos facer podcast, comentarios no noso canal TV, post, entrevistas, grabacións... E cada día empezamos as clases ca tarefa en twitter #undiacomahoxe.


lunes, 25 de mayo de 2015

App do Proxecto Ciencia Activa!

O noso blog ten unha novidade! 
Xa temos dispoñible a nosa propia App para dispositivos Android!
A App "Proxecto Ciencia Activa", permite recibir notificacións e ter acceso directo as entradas publicadas. 
Para ter a App no teu móvil Android:
Primeiro tes que ter permisos para execución de Apps externas:  Ir a  Axustes- Seguridad- e activar a casilla de Oríxenes Descoñecidos, dirixirte a DESCARGA e finalmente clickar nela para instalala!
Espero que vos guste!
                                      Marcos Fernández 1ºBAC




viernes, 22 de mayo de 2015

Conferencia na aula: "Biosensores e nanotecnoloxía""

Hoxe tivemos unha clase moi especial, visitounos Patricia Losada Pérez doutora en física e ademáis exalumna do noso colexio.
Actualmente traballa en Bélxica coma profesora universitaria e investigadora no eido dos biosensores e a nanoloxía,  falounos de biofísica e de como a física está presente na bioloxía e na mediciña.
Patricia explicou como actualmente investiga con biosensores coma marcadores de mutacións, e como isto pode axudar a identificar células canceríxenas a partir dunha mostra de sangue por exemplo. E localizar tamén outras mutacións, así como detección de parámetros coma urea, glicosa...A investigadora aconsellounos ler artigos de ciencia e investigación, e facilitounos algún!
Patricia Losada o remate da charla, da que nos compartiu a presentación, falounos das ventaxas de ser científica, como cando obteñen resultados satisfactorios tras moitos intentos, escribir artigos, dirixir tesis de alumnos ou compañeiros de investigación, e tamén asistir a congresos en diferentes partes do mundo!
Moi amablemente o rematar a ponencia Patricia Losada fixo unha foto con nós. Patricia tivo a deferencia de contestar a alguhas preguntas no seguinte audio onde Laura e Martín fanlle unha entrevista. Moitas grazas!


Todos os membros do Proxecto Ciencia Activa agradecemos a visita da científica xa que é un excelente exemplo a seguir, e a felicitamos polo traballo tan interesante que leva a cabo. Parabéns! 


jueves, 14 de mayo de 2015

Construíndo unha maqueta do ADN para a Semana da Ciencia do colexio!

O vindeiro 1 de xuño conmemórase o Día da Ciencia de Galicia e o 5 de xuño o Día do Medio Ambiente, por iso o Colexio Padre Feijoo-Zorelle adicará esa semana a expór traballos de ciencias de tódolos niveis educativos.
Os Departamento de Bioloxía e de Tecnoloxía levará a cabo a elaboración dunha maqueta cun fragmento da "Dobre Hélice de ADN".
O primeiro repasar a importancia desta molécula nas células e na existencia e funcionamento de calquer ser vivo. Lembrade que un xen é un fragmento de ADN con información para determinar un carácter. O descubrimento da "Dobre Hélice do ADN de Watson e Crick" considérase unha das achegas máis relevantes do século XX, no eido da bioloxía molecular!

Proceso:
  1. Nunha plancha de porexpán debuxamos os azúcares (pentágonos que representan as desoxirribosas, parte fixa nas dúas cadeas de ADN)
  2. Marcamos as bases nitroxenadas púricas (adenina e guanina) e pirimidínicas ( citosina e timina). As bases son a parte variable, oa orde destes compostos determina as diferencias!
  3. Mercamos bolas de porexpán de 10 cm de diámetro que representarán os fosfatos (H3PO4 que son parte fixa no ADN)
  4. Na aula de tecnoloxía cortánse as figuras de azúcares e bases, baixo a supervisión do profesor.
  5. Pintamos os compostos no laboratorio. ( Tendo en conta os criterios definidos sobre as cores para cada composto, non pode haber erros!)
  6. Procedemos a montaxe en tecnoloxía: unha base de madeira con rodas onde se cravan as dúas guías de madeira  que serán as dúas cadeas, onde se insertan as figuras de porespán xa pintadas. Coidando sempre A e T (2 enlaces de pontes de hidróxeno) e G e C (3 enlaces de pontes de hidróxeno)
  7. O profesores de tecnoloxía e bioloxía coordinan a montaxe para que a molécula reflexe o mellor posible a realidade dos xenes!   

 O vindeiro 1 de xuño exporémos a maqueta do ADN no hall do centro, xunto a todos os traballos de infantil, primaria, e secundaria e os alumnos de bacharelato tamén montaremos un stand onde exporemos e explicaremos as tarefas feitas neste blog: Proxecto Ciencia Activa!


domingo, 10 de mayo de 2015

Composto do té verde contra ás células do cancro?

Un composto químico do té verde podría matar as células do cancro oral, deixando así intactas as células sans.  A investigación que se realizou afirmou que estes descubrimentos podrían levar a tratamentos para o cancro oral e tamén para outros tipos de cancro. 
En estudios anteriores mostrouse como a substancia coñecida co nome de EGCG, presente no té verde, matou células do cancro sen dañar as normales, pero os investigadores non entendían esta capacidade de ataque tan selectiva.

Autor: squacco
Na actualidade o equipo do profesor Joshua Lambert, da Universidade Estatal de Pensilvania en University Park, Estados Unidos, averiguou que o EGCG pode activar un proceso nas mitocondrias das células cancerosas que leva á morte celular. 
O EGCG ocasiona a formación de especies reactivas do osíxeno nas células cancerosas. Isto daña ás mitocondrias, a medida que as mitocondrias se estragan máis, a célula cancerosa reduce a expresión dos xenes antioxidantes e desta maneira rebaixando aínda máis as súas defensas. Por este motivo, apágase un mecanismo de protección e o EGCG causa este estrés oxidativo.
O próximo obxectivo é estudiar o mecanismo en animais. Se estas probas e outros ensaios con humanos logran ter éxito, os investigadores confían en poder crear tratamentos anticancro pero sen que teñan efectos secundarios dañinos. Investigacións alentadoras!