jueves, 30 de abril de 2015

Altas cantidades de selenio nas termas ourensáns!

Fuente: Faro de Vigo
A doutora Ciencias Químicas e Licenciada en Fsrmacia, Dña Marita Souto Figueroa atopa unhas elevadas cantidades de selenio nas termas de Ourense máis concretamente nunha pequena poza da Chavasqueira, no entorno próximo ao centro da cidade. O selenio é un elemento químico que pode ser beneficioso para o cancro e outras enfermidades, a maiores de ser un potente antioxidante!
No seguinte Martín e José Luis comentan a nova, unha nova de ciencia e actualidade para a nosa cidade, capital do termalismo galego!

lunes, 27 de abril de 2015

Vídeo animado e infografía para promover a lectura!

Con motivo do II Festival Do Libro, os alumnos de Proxecto Ciencia Activa elaboramos esta animación na aula empregando a PDI e aportando ideas entre todos ("brainstroming"),  co fin de reflexar a esencia do lema do festival deste ano: "Un libro, un viaje". A animación fixémola empregando Go-Animate e foi editada por Marcos Fernández Prieto na aula seguindo as ideas de todos os compañeiros. Disculpade os erros! Esperamos que vos guste!
Tamén con esta infografía pretendemos promover o bó hábito da lectura e os seus beneficios na saúde!


domingo, 26 de abril de 2015

Participación do P. Ciencia Activa no II Festival do Libro do Colexio

O II Festival do Libro co lema: "Un libro, un viaje" é un proxecto interdisciplinar e plurilingüe no que participamos todos os niveis educativos do centro. Dende as materias de Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias do Mundo Contemporáneo, coordinados pola nosa profesora Beatriz Temes, realizamos as seguintes tarefas:




  • Vídeo promocional do Festival con entrevistas a profes, alumn@s e mensaxe coordinadora (1º BAC-Movie maker)
  • II Concurso de presentacións Ciencia Activa (Participantes:3º e 4º ESO, e 1º BAC- Powerpoint/Googledrive)
  • Elaboración videopoemas(1º BAC-Kizoa/ MovieMaker/ Animoto)
  • I Concurso de Microrrelatos Científicos participantes: 3º e 4º ESO,e 1º BAC, 2ºBAC (Subidos a Issuu)
  • Vídeo microrrelatos finalistas leídos por autores(Elaborado con editor vídeos de youtube)
  • Elaboración do mural para expór os microrrelatos por 3º e 4ºESO, e 1ºBAC (Editado con Kizoa)
  • Deseño e realización entrevista ao escritor Fernando Méndez (Grabada en Audacity e subida ao canal do Proxecto en Ivoox)
  • Infografía sobre as vantaxes da lectura 1º BAC (Empregando Easely)
  • Animación intentando representar o lema do Festival (Realizada na aula por Marcos en Go-animate, mediante "brainstorming"entre todos os alumnos 1ºBAC, grazas a PDI) 
Presentación de todas as tarefas dentro do programa de actividades do II Festival do Libro, por un grupo de alumnos do Proxecto Ciencia Activa, recollemos un resumo da nosa participación e ponencia no seguinte audiovisual:

miércoles, 22 de abril de 2015

Conmemorando o Día do Libro co escritor: Fernando Méndez

Con motivo da celebración do Día do libro, no Colexio Padre Feijoo-Zorelle celebramos a II edición do Festival do Libro co lema: "Un libro, un viaje". Dentro da programación do Festival contamos ca presencia do escritor e xornalista galego, Fernando Méndez, autor de ensaios periodísticos, libros e traballos de investigación de distinta índole e varias novelas que leemos e traballamos no Colexio en cursos de secundaria e bacharelato. 
Os alumnos e profesores tivemos a oportunidade de asistir a unha charla-coloquio co escritor no centro, e ao rematar Fernando Méndez  moi cordial, contestou a unhas preguntas realizadas por Patricia Ruibal e Belén Estrada alumnas de Proxecto Ciencia Activa.
 No podcast,  o escritor explica dun xeito claro e ameno algunhas características das súas novelas, e danos consellos moi interesantes sobre a importancia da ler e escribir.
Moitas grazas a Fernando Méndez polo seu tempo e amabilidade!


viernes, 17 de abril de 2015

II Festival del Libro do Colexio Padre Feijoo

Os días 22, 23, 24 de abril todo o Colexio Padre Feijoo- Zorelle, celebra o II Festival do libro. Un proxecto interdisciplinar e plurilingüe no que participan os alumnos e profesores de todo o Centro, repetindo a experiencia enriquecedora do I Festival do Libro.
Os alumnos de Proxecto Ciencia Activa queremos con este vídeo reflexar unha pequena parte dos proxectos e actividades que se están levando a cabo, e compartir o ambiente de preparación ao Festival dende as aulas ao exterior!
Moitas grazas á coordinadora do Festival, Ana Losada, ás profes e a todos os compañeiros por atendernos tan amablemente, e por suposto á actriz e contacontos Raquel Queizás.

lunes, 13 de abril de 2015

Xornadas Escola Tic 2015

O noso Proxecto estará presente nas Xornadas Escola Tic 2015 co seguinte cartel, nun espacio habilitado para promocionar experiencias de uso das tics na aula, as xornadas terán lugar o 17 e 18 de abril no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia ( Santiago de Compostela).