jueves, 26 de marzo de 2015

Nitróxeno en Marte

Fuente:El Mundo
O vehículo da NASA 'Curiosity' que leva explorando Marte dende o ano 2012, detectou a presenza de Nitróxeno fixado en sedimentos a través da perforación de rochas e varios análises. Isto suxire que nalgún momento da historia de Marte houbo un ciclo de nitróxeno.
Trátase da primeira vez que se detecta nitróxeno en Marte pero é importante sinalar que é un nitróxeno marciano, é dicir, nitróxeno nativo. Un dos científicos que participan neste estudo cre que o tempo do 'Curiosity' en Marte prolongarase xa que todavía queda moito por descubrir e o que ata agora, son especulacións, moi pronto deixarán de seloXa todos sabemos a importancia que ten o nitróxeno para o desenrolo da vida e estudos coma este axudaránnos a saber se poido existir ou existe vida en Marte. Para obter máis información, déixovos este interesante vídeo, non deixedes de velo!


jueves, 19 de marzo de 2015

Eclipse solar- 20 de marzo do 2015

Escoitade este podcast que informa do singular eclipse solar que poderemos apreciar mañá, especialmente dende Galicia.
Martín Outeiriño, David Antelo e Belén Estrada resumimos o máis relevante do eclipse solar previsto para o 20 de marzo e repasamos as precaucións que debemos ter, non o perdades!!

martes, 17 de marzo de 2015

Agua e desenvolvemento sostible!

Con motivo do próximo 22 de marzo Día da Auga, visitounos a bióloga especialista en análise de augas, Dña. María Luz García Nocelo, impartiunos unha charla-taller para explicar os principais parámetros indicativos da contaminación da auga, que posteriormente analizamos no laboratorio.
Na primeira parte da exposición falounos da importancia de controlar os vertidos de auga dende un punto de vista sustentable a nivel económico, social e ambiental. Xa que é o lema representativo do día da auga deste 2015.

A continuación fixemos no laboratorio diferentes análises por grupos con seis mostras de augas de diferentes calidades, foi divertido comprobar o pH, os nitratos e a dureza das distintas mostras que nos trouxo a experta en augas. Moitas grazas a María Luz García Nocelo polas súas explicacións! Podemos ver no seguinte audiovisual algúns momentos da charla e prácticas no laboratorio: Ao longo da ponencia visualizamos o seguinte documental sobre casos reais de contaminacións de augas por vertidos tóxicos a maioría de procedencia animal:

martes, 10 de marzo de 2015

O deporte é saúde!

O deporte aporta moitos beneficios para a saúde non só física, senón tamén mental e social. Ventaxas físicas porque axúdanos a evitar o sedentarismo, o risco de diabetes, de arteriosclerose, fainos máis áxiles evitando a obesidade e os problemas metabólicos asociados. Mellora a saúde mental porque distrae e axuda a esquecer preocupacións, e tamén axuda a mellorar as relacións sociais desde nenos practicando deportes de equipo que obrigan a xogar dun xeito cooperativo. O deporte favorece as actividades ao aire libre, as relacións humanas, aumenta a capacidade de esforzo e o afán de superación!

Resumo dos beneficios:

  • Reduce risco de sobrepeso
  • Equilibra os niveis de glicosa no sangue
  • Fortalece ósos e músculos
  • Alivia o stres e favorece o sono
  • Aumenta a autoestima
  • Eleva a capacidade de concentración e mellora o rendemento escolar.
  • É socializador, favorece o compañerismo

No seguinte podcast entrevistamos a D. Felipe Iglesias (profesor de Educación Física do Colexio Padre Feijoo- Zorelle e deportista profesional de Jiu-jitsu). Entrevista feita por María Moreda e Martín Sumavielle para felicitalo por o segundo posto nos campeonatos Nacionais celebrados o día 7 de marzo de 2015, parabéns!

lunes, 2 de marzo de 2015

O perigo do sedentarismo!

Sedentary Lifestyle: Obesity and Computers
Autor: FBellon
Según un estudo, prodúcense 337.000 mortes anuais de europeos relacionados coa obesidade, mentre que casi o dobre (676.000) son asociados o sedentarismo.
Os nenos de hoxe en día teñen peores hábitos alimentarios, de exercicio físico e de ocio. 
A Fundación Española do Corazón advirte dos danos no noso sistema cardiovascular, provocados polo sedentarismo, ainda que tamén actúan o risco de padecer obesidade, hipertensión e colesterol. 



Corriendo al atardecer
Autor: Víctor Gómez
Os expertos recomendan camiñar diariamente 20 minutos a bó ritmo para disminuir o risco de morte prematura entre un 16% e un 30% entre as persoas menos activas. En só ese tempo, eliminaríanse unhas 100 calorías.
Menos de media hora o día de exercicio mellora a saúde de todos os individuos, en especial os que presentan sobrepeso ou son sedentarios.

Ten unha vida saúdable e coídate!