viernes, 13 de febrero de 2015

Reconectar as neuronas pode devolver lembranzas perdidas?

 Fonte: Google Commons.

Ata agora, pensabase que as sinapse (conexións entre células nerviosas ou neuronas do cerebro) almacenaban os nosos recordos. E cando enfermidades para as neuronas como o Alzheimer remataban con esas sinapses, as lembranzas perdíanse para sempre.





Aplysia. Fonte: Wikimedia Commons.
Os resultados dunha nova investigación da Universidade de California en Os Ánxeles por David Glanzman, con un tipo de caracol marino chamado Aplysia, desafían esta idea, pois sinalan que a memoria a longo prazo non se alberga na sinapses. Polo tanto, si logran crean novas sinapses, as lembranzas poden recuperarse.
Unha nova esperanzante!

lunes, 9 de febrero de 2015

O cambio climático, unha realidade!

A Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), a máxima autoridade en este ámbito, confirmou que o pasado ano 2014 foi o das temperaturas máis elevadas, según indican os seus rexistros. Para os expertos, esto confirma a tendencia continua ó quecemento global e o risco de sufrir cada vez máis as súas consecuencias. As principais son:  

  • Aumento da temperatura media da Terra
  • Aumento do nivel do mar e da súa temperatura
  • Aumento da frecuencia e intensidade dos fénomenos meteorolóxicos
  • Cambios nos ecosistemas
  • Perigo de extinción de numerosas especies
  • Sequía
  • Efectos sobre a agricultura e espacios forestais
  • Impactos sobre a saúde humana
Nas seguintes imáxes podedes ver o efecto do cambio climático nos glaciares:
Perito Moreno - Parque Nacional Los Glaciares, Santa Cruz, Argentina
Autor: Jose Luis Rodríguez

Perito Moreno
Autor: Jose Luis Rodríguez
Nós tamén somos responsables cas nosas accións do cambio climático!!!!!

domingo, 1 de febrero de 2015

Ciencia Activa - Zorelle TV

Empezamos unha nova tarefa educativa empregando outra ferramenta 2.0: Livestream
A idea é que periódicamente elixades novas de ciencia atopadas nos xornais que vos gusten por algo, as leades e expliquedes a través dunha grabación audiovisual (en galego ou castelán), que poremos neste canal xa creado con estes cinco primeiros vídeos: http://www.livestream.com/cienciaactivazorelle/
Os primeiros contribuíntes en participar foron: Martín, Sofía, Belén, Daniel e Raquel de 1º BAC.
Noraboa e anímovos a todos a seguir participando activamente!