jueves, 8 de enero de 2015

Cartas perdidas de Santiago Ramón y Cajal!

Despois da morte Ramón y Cajal, un dos científicos máis famosos e importantes de España, nadie se preocupou de editar o seu epistolario, ata que o biólogo molecular Juan Antonio Fernández Santarén, se propuxo dita iniciativa. No que atopou 3.510 cartas enviadas ou recibidas por Cajal. Pero Santarén, estima que ainda faltan outras 12.000, onde se inclúen as máis valiosas.
Carta enviada por Cajal pedindo a liberación do científico italiano Giuseppe Levi.
Moitas das cartas foron vendidas. E a maioría das que se conservan non están onde deberían estar, xa que se atopan na Biblioteca Nacional de Madrid, o cómo chegaron alí averiguouno Santarén, é que as cartas foron subtraídas do Instituto Cajal del CISC e foron ofrecidas a unha vella libreria do centro de Madrid. Bardón foi o que tuvo a boa idea de compralas e ofrecerllas á Biblioteca Nacional. Algunhas das cartas tamén son conservadas no Instituto Karolinska de Estocolmo. Para saber máis, podes acceder á noticia completa, pinchando no enlace da foto.
Deixovos este audio cun resumo da nova das cartas de Santiago Ramón y Cajal.




1 comentario:

  1. Moi interesante o feito de que o biólogo molecular Juan Antonio Fernández Satarén tivera a iniciativa de rescatar todas esas cartas deste científico tan importante.

    ResponderEliminar