jueves, 29 de enero de 2015

A Universidade de Vigo recoñece as contribucións da economía ambiental!


O estadounidense Michael Hanemann, economista ambiental, e nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Vigo o 29 de xaneiro de 2015. Licenciouse en FilosoFía, Política e Economía na Universade de Oxford. Foi profesor en Harvard e Berkley, é unha autoridade mundial en estudos  sobre a auga, cambio climático e avaliación ambiental.
Tamén debemos recordar que Hanemann visitou en 2002 Galicia para estudar e avaliar os impactos da catástrofe do Prestige.


martes, 13 de enero de 2015

Os seres vivos e as matemáticas!


É moi curiosa a influencia que teñen na Natureza as matemáticas, como sucede ca "proporción aurea" ou  "número divino" que se representa ca letra Phi do alfabeto griego e ten un valor de 1'618...

Iste número atópase tanto nos seres vivos como nos fenómenos climáticos e recentemente investigadores da Universidade sudafricana de Pretoria creen que tamén pode formar parte do espezo-tempo. Tamén sábese que está presente na estructura helicoidal do ADN, na concha dos caracois, no oido interno, incluso na tabla periódica dos elementos. Considérase como un modelo de diseño da Natureza.

jueves, 8 de enero de 2015

Cartas perdidas de Santiago Ramón y Cajal!

Despois da morte Ramón y Cajal, un dos científicos máis famosos e importantes de España, nadie se preocupou de editar o seu epistolario, ata que o biólogo molecular Juan Antonio Fernández Santarén, se propuxo dita iniciativa. No que atopou 3.510 cartas enviadas ou recibidas por Cajal. Pero Santarén, estima que ainda faltan outras 12.000, onde se inclúen as máis valiosas.
Carta enviada por Cajal pedindo a liberación do científico italiano Giuseppe Levi.
Moitas das cartas foron vendidas. E a maioría das que se conservan non están onde deberían estar, xa que se atopan na Biblioteca Nacional de Madrid, o cómo chegaron alí averiguouno Santarén, é que as cartas foron subtraídas do Instituto Cajal del CISC e foron ofrecidas a unha vella libreria do centro de Madrid. Bardón foi o que tuvo a boa idea de compralas e ofrecerllas á Biblioteca Nacional. Algunhas das cartas tamén son conservadas no Instituto Karolinska de Estocolmo. Para saber máis, podes acceder á noticia completa, pinchando no enlace da foto.
Deixovos este audio cun resumo da nova das cartas de Santiago Ramón y Cajal.