martes, 15 de diciembre de 2015

Felicitación de Nadal

Dende as aulas con cariño, ledicia e bo humor! Os alumnos de 1º BAC fixemos este pequeno vídeo para felicitarvos a todos as festas do Nadal!
Queremos despedir este trimestre cos nosos mellores desexos para o vindeiro ano!

Participan: Natalia, Beatriz, Sara, Andrea, Lucía, Daniel, Karim, Pablo, Iván, Rubén, Alejandro, David, Yago, Diego e Fran.
Grabado por Andrea Moreira y editado por Víctor Rodriguez.
Boas Festas!!!

jueves, 3 de diciembre de 2015

O cambio climático: Claves da "Cumbre de Paris" !

Os representantes da maioría dos estados do mundo, reúnense na "Cumbre del Clima" de  París  entre o 30 de novembro e o 11 de decembro. Neste encontro tratarase de pechar o primeiro acordo global para intentar frear o cambio climático. China e Estados Unidos principais
contaminantes dan un impulso ao pacto do clima!
  
 Que é o cambio climático?

Os chamados gases de efecto invernadoiro principalmente o dióxido de carbono, acumúlanse na atmósfera e impiden que as radiacións infravermellas que emite o planeta ao quecer salgan ao espacio. Esto fai que a temperatura do mar aumente. Estes gases sempre estiveron na atmósfera. O problema, según o consenso científico e que a actividade humana contribuíu a romper o equilibrio existente. A industria, o transporte e os usos dos solos aumentaron a concentración destes gases.

 Qué consecuencias ten estos gases?

Os científicos do grupo IPCC da ONU sinalaban que si o ser humano continuaba co ritmo de emisións de gases sen tomar medidas de mitigación a temperatura media global aumentará entre 3,7 e os 4,8 graos en 2100 respecto ao nivel preindustrial. Además do aumento da temperatura e o nivel do mar, os científicos sostén que tamén afectará aos fenómenos climáticos extremos, como inundacións, ciclóns, etc.

 Pódese revertir?

Os científicos do IPCC advirten de que xa existe un cambio climático comprometido debido aos gases do efecto invernadoiro que o home emitiu. Isto fai que non se poda impedir que a temperatura global aumente. A opción que dan é limitar o incremento dos gases.

 Que é COP21 de París?

A vigésimo primeira Conferencia da Partes (COP21)  é o cumio na que se sentan os 195 países firmantes da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. Neste trato internacional que data de 1992, se reconocía a importancia do quencemento global. Pero este medio tiña que desenvolverse con medidas concretas. 

 Qué é o Protocolo de Kioto?

O Protocolo de Kioto de 1997, fixa as metas concretas da reducción dos gases que teñen que acometer os paises desenvolvidos. Pero finalmente só vinculou a 37 Estados, dos que 28 pertencen a Unión Europea e que representan o 12% das emicións globais. Tras dez anos de aplicación conseguiu unha reducción de 22% das emisións nos 37 paises firmantes.

  Qué se discute en París?

Un protocolo que sustituya o de Kioto e que se empezaría a aplicarse a partir do 2020. Neste caso, a intención e que os 195 firmantes leven a cabo políticas de mitigación, e dicir, reducción de emisións. 

  Qué fórmula foi elexida?

O tratado non imporá metas individuaís de reducción de CO2. Para intentar non repetir Kioto, cun alcance moi limitado. Se optará por outra fórmula, que cada país presente deberá de cumplir.

  Son suficientes os esforzos presentados?

Non. Según as estimacións realizadas pola ONU, ao extrapolar os compromisos voluntarios o resultado é que a temperatura ao final no século aumentará como mínimo 2,7 graos.

 Será vinculante el protocolo de París?

Este pode ser uns dos puntos máis complicados da cumbre de Paris. A EU aposta por un protocolo con apartados vinculantes. Por exemplo que o sexan os compromisos de reducción de emisiones que cada pais presenta voluntariamente.

 Qué é a adaptación?

A adaptación son medidas para que os paises máis vulnerables podan prepararse para o cambio climático. Para eles está prevista a creación do llamado Fondo Verde para o Clima.

 Haberá acordo?

É complicado aventurarse. En 2009 na cumbre de Copenhague levantáronse expectativas parecidas ás de Paris e fracasouse. A pesar diso parece ser que as principais potencias se están implicando máis, dado que se acentuou o cambio climático.

 E si non hai acordo?

Se non se pecha un pacto, non significará que a loita contra o cambio climático se pare. 






martes, 1 de diciembre de 2015

Día Mundial do sida 1 de decembro

Que é un virus? A palabra virus significa veneno. Antiguamente ultilizábase para todo aquilo que producía enfermidades. Actualmente, emprégase para referise a estructuras microscópicas que non son retidas por filtros para bacterias e que son patóxenos para todo tipo de seres vivos. A observación dos virus sólo poden facerse mediante o uso do microcopio electrónico, debido o seu tamaño. Os virus son estructuras acelulares que non son activos fora das células, son parásitos intracelulares obrigados.





O VIH é un virus que pertence o grupo dos retrovirus, o seu ácido nucleico e o ARN pódeno transformar en ADN vírico grazas a unha encima chamada reverso transcriptasa. O VIH ataca aos linfocitos T e destrúe as defensas algúns dos síntomas podemolas ver na seguinte imaxe:





O mecanismo de actuación do VIH nas células podémolo ver no seguinte video:






domingo, 29 de noviembre de 2015

Viaxar ao futuro?

En todo o mundo celebrouse o día 21 de outubro a figura de Marty McFly e o seu Delorean, un viaxeiro na súa máquina do tempo versión ochenteira. Sabemos que o que aparece na película é ciencia ficción, pero sería posible viaxar ao futuro? Esta pregunta, os físicos levan facéndosea ao longo de todo a historia,  o que convén lembrar é que nestes meses hay un aniversario moito máis importante que o de Regreso ao futuro, é que neste novembro do 2015 cúmplense 100 anos desde que Einstein acabou a súa gran obra: a "Teoría da relatividade", nesta teoría Einstein describe as propiedades do espazo e o tempo.

 O que sabemos desde 1915(ano en que se enunciou a teoría) é que o espazo e o tempo mestúranse entre sí creando unha entidade nova chamada espazo-tempo, que ademais e dinámica. O espazo-tempo pódese deformar, un feito que nós percibimos como a forza da gravidade.

A realidade da deformación do espazo-tempo ponnos ante a posibilidade de facelo o noso antoxo. Neste sentido, podemos imaxinar fácilmente algunhas máquinas para viaxar ao futuro: basta con montarse nunha nave espacial suficientemente rápida, na que o tempo marcha máis despacio; según Einstein, de forma que á volta o viaxeiro se encontrase no futuro.

Outra posibilidade para viaxar ao futuro e ir a través dun burato negro. O problema e que… están lonxe e son perigosos, pero… e se nós fabricamos un? Despois de todo, calquer máquina que deforme o espazo-tempo e sexa “portátil”, como un Delorean, seguramente terá pinta de burato negro desde fóra, e por dentro sería un túnel con saída noutro lugar do espazo e outro momento do tempo.

 Este tipo de construcións coñécense como “buratos de gusano” e son rutinarios para os frikis da ciencia fición. O que non sóese dicir é que fabricar un do tamaño do Delorean requeriría unha enerxía equivalente a tomar 100 planetas como a Terra e comprimilos hasta que ocupan un espacio duns… ¡dous metros de diámetro! Certamente complicado...

A continuación déixovos un vídeo explicativo, en castelán:

martes, 24 de noviembre de 2015

Lucy o esqueleto máis famoso do mundo!

O 24 de novembro de 1974 atopáronse en Hadar ao noroeste de Etiopía os restos fósiles dun Austrolopithecus completo que eran dunha femia. Cando se fixo a achega, na radio soaba "Lucy in the Sky with diamons" o éxito dos Beatles, asi que ao paleotólogo Donal Johanson lle pareceu boa idea darlle un nome ao grupo de ósos,que según indicaba as primeiras investigacións pertencían a unha sóa persoa. Chamouno Lucy e co nome chegou a fama! 
Tras este descubrimento atopáronse máis de 250 fósiles de a lo menos 17 individuos na mesma rexión.
Os restos de "Lucy" se pensa que teñen 3,2 millóns de anos, que era bípeda e un ancestro do Homo sapiens.
Neste vídeo podes ver a súa historia:

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Cen anos da Teoría de Relatividade de Einstein!

A principios do século XX Einstein descubriu A Teoría da Relatividade que incluían a relatividade especial e a relatividade xeral.
A Teoría da Relatividade especial trata da física do movemento dos corpos en ausencia das forzas gravitatorias, na que se facían compatibles as ecuacións de Maxwell do electromagnetismo cunha reformulación das leis do movemento.
A Teoría da Relatividade  xeral redúcese á teoría especial en ausencia de campos gravitatorios.



A teoría saliu á luz, os días 4, 11 e 18 de novembro de 1915 nunha serie de artículos onde se explicaban os conceptos de cada principio.
Finalmente, o 25 de novembro do mesmo ano, Albert Einstein presentó na Academia Prusiana das Ciencias de Berlín o ensaio que contiña a teoría xeral da relatividade que plantexaba unha lei xeral da gravitación. ESto significou unha nova configuración do Universo: deixou de verse como algo estático e pasou a enterderse de xeito dinámico.


As mentes privilexiadas coma a de Albert Einstein sempre mostráronse por diante do seu tempo, neste enlace podemos ler algún consello intelixente e innovador de Einstein para as persoas nos negocios.
Consellos de Einstein para os negocios que están de actualidade, non deixes de ler as trece frases de Einstein cheas de intelixencia e sentido común!

martes, 3 de noviembre de 2015

Colaboración Postcrossing!

Postcrossing é o novo proxecto do colexio Padre Feijoo que consiste en enviar tarxetas postais da nosa cidade  (Ourense) a outros paises para que eles podan saber un pouco máis sobre a nosa cultura. Ao mesmo tempo recibimos postais doutras cidades implicadas nesta iniciativa, e as localizamos e estudamos algo sobre elas. 
O grupo de 1º de bacharelato enviou unha tarxeta do pobo de Xinzo, á cidade de Tambov (Rusia), nela falamos un pouco sobre os entroidos dese pobo e as súas costumes.  Neste audio Víctor, Andrea e Karim comentan en inglés unha breve información da cidade de Tambov, non deixedes de escoitalo:
 
Tambov é unha cidade que está situada á beira do río Tsna , a 480Km de Moscú. Ten unha pobación de 284.972 habitantes. No ambito científico destacarían:
  • Constantine Fahlberg (1850-1910) químico
  • Andrey Kolmogorov (1903-1987), matemático  
  • Nicolái Tsveliov (n.-1925), botánico.








Aproveitando que a nosa tarxeta chegaría a Rusia, fixemos por coñecer aos dez científicos rusos máis destacados e temos un resumo das súas aportacións.

Os dez cíentificos rusos máis importantes son:

1º Grigori Yákovlevich Perelmán: (1966) é un dos máis importantes matemáticos da actualidade e é un dos máis coñecios polas súas inmensas contribucions en xeometría  riemannia y topoloxía xeométrica . Tamén logrou demostrar a conxetura de xeometrización de Thurston, resolveu a de Poincaré e logo de resolver a  hipóteses matemática máis importante é dificil de demostrar.
Gregori non aceptou o premio Nobel dos problemas do milenio.

2º Sir Andréy Konstantínovich Gueim:(1958) físico ruso coñecidos polos seus grandes traballos entorno al grafeno, o desarrollo da cinta de geco e o desarrollo de técnicas de levitación. Recibiu o premio Nobel, tras lograr levitar unha rá utilizando soamente imáns.

Nikolái Gennádiyevich Basóv:(1922-2001) físico sovietico, coñecido polo seu gran traballo no campo da electrónica cuántica para o desarrollo do láser y el máser, grazas a iso gañou o premio Nobel en 1964.

Piotr Leonídovich Kapista:(1894-1984) foi un físico relevante que recibiu o premio Nobel en 1978 polo seu traballo enn física de baixa temperatura. en 1937 descubriu a superfluídez, e descubriu a forma máis eficiente de producir heliolíquido.

ciencia activa 1ºBAC
Tatiana Avenirovna Proskouriakoff:(1909-1985) foi unha das máis importantes figuras da arqueoloxía, etnóloga e epigrafista, en relación có estudo da civilizacion Maya, su principal contribución foi co a escritura Maya.

6º Aleksandr Stepaónovich Popov:(1859-1905) prestixioso físico e inventor ruso recordado pola invencion da antena e a transmisión de ondas electromagnéticas a distancia. O 7 de maio de 1895 Popov demostrou a recepción de señais a larga distancia polo que ese día se coñoce como "o día da radio"

Sofia Vasílievna Kovalévskaya:(1850-1891) foi a primeira científica de gran relevancia en Rusia, a primeira en ocupar o cargo de profesora universitaria en Europa é unha das matemáticas máis importantes da história.

Iván Petróvich Pávlov:(1849-1936) gran fisiólogo laureado có premio Nobel de Fisioloxía en 1904 polas súas investigacións sobre a digestión.

Dimitri Ivánovich Mendeléiev:(1834-1907) foi un dos químicos máis importantes da história. Descobríu o que hoxe coñecemos como a táboa periódica dos elementos. O elemento número 101, o mendelevio (Md), recibiu o seu nome en honor a Mendeléiev.

10º Mijaíl Vasílievich Lomonósov:(1711-1765) foi un gran erudito, home de ciencias, naturalista, xeógrafo, escritor e polímata. O seu principal aporte foron as melloras ao telescopio, o primer plantexamento da Teoría da Deriva continental. Como poeta, tivo gran influenza na literaura moderna.



lunes, 26 de octubre de 2015

As persoas en coma perciben estímulos!

Allan Ajifo
A pesar de que non poden moverse, as persoas en coma son conscientes do que lles rodea, sen embargo, non poden responder, xa que unha vía de comunicación no cerebro está interrumpida.

O tálamo considerase o recetor do cerebro xa que por el pasan as sensacións procedentes de todos os sentidos,agás a do olfato.Por iso,cando se está en coma o tálamo queda inutilizado e non pode recibir a información dende o cerebro e posteriormene emitir unha reposta.

Na actualidade, numerosos estudos están a intentar solventar este problema.O obxetivo final é utilizar está información para levar a cavo terapias específicas, co fin de mellorar a calidade de vida dos pacientes en estado vexetativo.

Cos novos avances actuais,podese axudar a unha persoa en coma a que poida recuperar incluso un movemento nun dedo abrindo moitas posibilidades de comunicación e control do que lle rodea.

                                                  Vídeo orientativo:

miércoles, 14 de octubre de 2015

Smiley Water- Termalismo solidario!

Smiley Water é o novo proxecto do Coro do Colexio Padre Feijoo-Zorelle! 
Este proxecto, presentado o pasado 24 de setembro na 15ª edición de Termatalia realizada na nosa cidade, ten como obxetivo usar o termalismo do que dispoñemos en Ourense con fins solidarios para axudar aos nenos refuxiados.
Os integrantes do Coro, contarán coa inestimable axuda de Alejandro Abad, compositor e productor de relevancia internacional que xa ten unha boa relación co colexio grazás a anteriores proxectos e xuntos farán de Smiley Water unha realidade solidaria!

Grabarán un videoclip cun tema composto polo propio Alejandro Abad que interpretará cos nenos do coro do Colexio Padre Feijoo. Tamén participarán outros países presentes nas 15ª Xornadas Internacionais de Termalismo celebradas este setembro en Ourense.
Neste vídeo Carolina, Natalia e Daniel entrevistan a Mª José Novo directora do coro e os nenos coristas que explican o proxecto con moita ilusión!



Felicitar a Alejandro Abad, aos rapaces e rapazas do coro e a súa directora María José Novo, á Dirección do Colexio, á Cruz Vermella, e á Deputación de Ourense por tan maravillosa idea e polos esforzos que están pondo por facer que un fermoso sono solidario chegue a centos de persoas necesitadas.


Se queres saber mais a cerca de Smiley Water o seu blog clicando aquí.


sábado, 3 de octubre de 2015

Avispas asiáticas e autóctonas!



 Asi son as avispas asiáticas 
Esta especie chegou a Europa nas adegas dun barco mercante chinés, grazas ao seu gran tamaño e unha picadura moi daniña, coronouse como o insecto máis tóxico do país.
O seu alcume (Asasinas)  ven a eles pola súa natureza agresiva e ser máis  resistente que os seus primos europeos, este animal pode medir ata 3,5 cm e difiere da característica do vello continente na súa cor negra.
É un gran insecto cun  poderoso veleno máis  que as europeas .O aguillón da "Hornet xigante" deixa un inchazó de varios centímetros e dor intensa durante 24h.
Esta semana foron rexistrados en Galicia varios ataques de avispas asiáticas, deixando un deles unha víctima mortal . En concreto, unha octoxenaria faleceu o pasado luns en Cuntis ( Pontevedra) tras sufrir máis de 30 picaduras, tanto de avispas asiáticas como das autóctonas  en cara e brazos .
En España existen 800.000  persoas alérxias aos himenópteros - abellas , obellóns ,formigas e avispas e cada ano  a cifra ínflase un pouco máis .estas reaccións chegan sen avisar " nunha primeira picadura non ten que pasar nada pero pode xerarse  un proceso de sensibilización  que desencadee a anafilaxia na siguente vez".
E como recoñecer un brote alérxico a tempo? Maniféstase con picor e erupción a distancia da picadura ou por toda a pel  explican dende a Sociedade Española de arlegoloxia e inmunoloxia clínica ( SEAIC). Se non se trata a tempo, os síntomas poden derivar en vómitos, asfixia, perda da conciencia e no peor dos casos a morte.


jueves, 24 de septiembre de 2015

Termatalia 2015 na nosa cidade!


Victor Hermida Prada
O día 24 de setembro arrancará en Ourense a 15ª edición de Termatalia, un congreso internacional de termalismo que promove o uso das augas minero-medicinais, destacar que coincide co 1º Congreso Internacional da auga da Universidade de Vigo, nestes días a auga protagonista das actividades da nosa cidade!
Termotalia permanecerá aberta ata o vindeiro día 26 e o seu obxectivo é promover a cultura da auga e incrementar o número de consumidores a nivel mundial, non sendo soamente as termas o principal desta feira (que son unha parte moi importante de Ourense, sendo esta a capital termal española); senón que tamén incentiva aos visitantes a probar as distintas variedades de auga que se poden atopar na zona de cata de augas ou no bar de augas no que se atopa unha longa carta deste líquido, xa que a auga ao contrario do que a xente pensa, non sabe toda igual debido a cantidade de sales minerais que contén cada unha. Sendo una feira internacional; xa que participarán 25 países, Termatalia fomentará o intercambio de experiencias entre distintos continentes para obter un punto de vista global do sector. Contará cun gran número de visitantes que terán unha entrada gratuita ao recinto feiral.
No seguinte audio Andrea, Víctor e Daniel comentan a orixe termal da nosa cidade onde a auga é protagonista!






Vídeo informativo/promocional:   Idioma-Castellano


martes, 22 de septiembre de 2015

Stephen Hawking desvela o segredo dos buratos negros!

Un novo estudo de Stephen Hawking sobre os buratos negros afirman que non eran como pensábamos.
                                                                               

O prestixioso científico afirma decatarse de que estes corpos espaciais tan descoñecidos carecen de "horizonte de sucesos" , e en cambio teñen un "horizonte aparente" no que a materia e a enerxía, a diferencia do horizonte de sucesos, quedan atrapadas unicamente durante un tempo limitado.
Este plantexamento concorda cunha das bases da física cuántica, a cal indica que a información non pode ser destruida en ningún caso.
A nova aportación de Hawking da máis sentido a estes descoñecidos corpos espacias, e a pesar de que recibiu numerosas críticas, esta nova teoría plantexa un sin fin de novas ideas e cuestións sobre o noso enigmático e inexplorado universo.

Vídeo informativo:    Idioma-Inglés        (Moi interesante!)

miércoles, 16 de septiembre de 2015

Inicio curso 2015-2016

Iniciamos o curso e retomamos a actividade do "Proxecto Ciencia Activa" con novos contribuíntes. Os alumnos de cultura científica e bioloxía e xeoloxía que comezan hoxe 1º  bac e os que cursen en 2º bac a materia de bioloxía, serán os responsables da actividade do blog.
 Pronto colleredes o relevo en todas as tarefas: post, audios, vídeos, twitter...Esta semana empezamos xa!
Ánimo e lembrade que é o voso blog de ciencia!
               
                       Benvid@s a tod@s e a investigar!

miércoles, 17 de junio de 2015

Aventura Espiral!


Rematamos o curso cunha experiencia moi enriquecedora, ver reconocido o traballo de todo o ano a través dun premio ao noso blog: 
Peonza de bronce na categoría Blog alumnos BAC- Espiral 2015!



 "Proxecto Ciencia Activa" algo máis ca un blog!
É un proxecto que recolle un xeito diferente de traballar cas Ciencias do Mundo Contemporáneo, empregar as tic para expor os nosos traballos, facer entrevistas, ler artigos de ciencia, presentacións feitas e explicadas por nós, videopoemas, audiovisuais, microrrelatos científicos, tarefas en twitter, o noso facebook, canais de audios e tv, entradas no blog de temática de ciencias, asistir á exposicións, conferencias de temas actuais de ciencia, implicar a outros niveis educativos do centro na elaboración de maquetas, ou tutelar prácticas de laboratorio a estudiantes de infantil...
Grazas a todos os ponentes, entrevistados, profesores, alumnos e a dirección do Colexio por colaborar e apoiar á Proxecto Ciencia Activa! 
Un privilexio ser á vosa profesora e compartir tantos momentos bós, a miña obriga coordinar, guiar, animar e aprender con todos vós!
Noraboa rapaces!
Disfrutemos deste vídeo que recolle momentos especiais da aventura espiral! 
Con cariño, Bea.



   

jueves, 11 de junio de 2015

Darwin e o nacemento do Evolucionismo!


Darwin publicou as súas ideas evolutivas na obra A orixe das especies, precursora da literatura científica e fundamento da teoría da bioloxía evolutiva.
Os puntos básicos da Teoría evolutiva de  Darwin son:
  • Elevada capacidad reproductiva das especies, de forma que hay máis descendentes dos que poden sobrevivir, e prodúcese unha loita pola supervivencia.
  • variabilidade xenética, e decir os individuos obtidos por reproducción sexual son distintos uns de outros.
  • Actúa o mecanismo da selección natural, a natureza elixe aos individuos máis aptos, éstes sobreviven e se reproducen trasmitindo estas características.
Coas súas ideas evolutivas Darwin revolucionou a comunidade científica, e él mesmo tivo que enfretarse a súas propias ideas que o facían confrontar os seus principios relixiosos. 
Visitamos unha exposición guiada sobre a vida e obra de Darwin e profundizamos no estudo da súa Teoría Evolutiva baseada na "selección natural", aínda que ata o neodarwinismo non se coñecían as bases xenéticas da herdanza que complementaron as súas ideas.
Neste eixe cronolóxico reflexo algunhas das súas obras máis representativas:
No mes de maio visitamos unha interesante exposición sobre a figura de Darwin e o seu papel como evolucionista, ao ser unha exposición guiada aprendimos moitas curiosidades sobre a obra e a vida de Charles Darwin.
                                                              
                                                                                Jonathan Cid-1ºBAC

                                                                                      
                                  Os alumnos do Proxecto Ciencia Activa na visita á exposición de Darwin                                                                             

viernes, 5 de junio de 2015

Charla sobre o procesamento de imaxes e vídeo e a utilización de drons!

 Iván Gómez Conde é doutor en Informática con mención Internacional no campo da visión artificial. Actualmente traballa como docente na Universidade de Vigo e fai tarefas de investigación no grupo MILE (bioMedical Informatics and signaL procEssing)
Iván Gómez impartiunos unha interesante charla con dúas partes ben diferenciadas: 
Primeiro falounos das súas investigacións sobre procesamento de imaxes e vídeos, e despois explicounos qué é un dron e as súas utilidades.
Interesante cómo o diseño de algoritmos matemáticos son esenciais en enxeñería informática e como se precisan para a interpretación de supostos prácticos como o diseño de cámaras que detecten o movemento humano e diferencien as accións que se realizan, e como esto se pode usar como sistema de vixilancia de persoas que vivan soas. Foi un dos exemplo que Iván Gómez nos espuxo, tamén falamos de videoxogos!
Aínda que o máis sorprendente da ponencia foi a explicación de que é un dron, as partes e alguha das utilidades, com o seu uso para  detección de incendios. O feito de ver o dron e o mando interesounos a todos!
O remate da conferencia os compañeiros David Antelo e Daniel Otero fixeron unha entrevista ao conferenciante que resume os puntos básicos da charla, podemos escoitala neste podcast:


GRAZAS IVÁN!
Iván Gómez Conde cos alumnos do Proxecto Ciencia Activa
GRAZAS IVÁN! 



martes, 2 de junio de 2015

Proxecto de elaboración maqueta de ADN: "Coñecendo ao ADN"

Preparando o stand "Ciencia Activa"
Con motivo da celebración da Semana da Ciencia no Colexio Padre Feijóo-Zorelle, os Departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía coordináronse na elaboración dunha gran molécula de ADN na que participaron alumnos de secundaria e de bacharelato.
Os alumnos do Proxecto Ciencia Activa participaron na montaxe, pintura e elaboración do documento coas explicacións básicas da composición do ADN, o concepto dun xen, e os conceptos precisos para entender a maqueta. Aquí pódese ver o dosier explicativo subido en Issuu:

No seguinte vídeo recollemos un resumo desta tarefa realizada durante as tres últimas semanas do mes de maio. Como obxectivos deste proxecto destacar o traballo colaborativo entre os Departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía, e a implicación de alumnos de secundaria e bacharelato. A molécula permanecerá no hall ata o venres e levarase ao laboratorio de Ciencias Naturais.


lunes, 1 de junio de 2015

Día da Ciencia en Galicia

O primeiro Día da Ciencia en Galicia celébrase o 1 de xuño de 2015. Alvariño foi unha investigadora ferrolana, unha das máis importantes no zooplancton, debido a que descubriu 22 novas especies. Os estudos que realizou acerca do zooplancton abriron as portas á divulgación científica en Galicia.
Debemos destacar a dificultade da época na que viviu Alvariño, principios do século XX, onde a investigación en España era impensable para as mulleres.
No noso colexio adicamos esta semana a expoñer traballos de ciencia de todos os niveis, xa que o 5 de xuño remata a semana co Día do Medioambiente.

A difusión do noso blog!

Os membros de Proxecto Ciencia Activa estamos moi contentos de estar entre os tres gañadores da categoría de blogs de alumnos Bacharelato na IX Edición Espiral-EduBlogs. Na nosa cidade saímos na prensa local, no xornal La Región, e cando o viron os da TVG viñeron a aula a facernos unha entrevista.
É incríbel!

martes, 26 de mayo de 2015

A entrega de premios IX Espiral-Edublog cada vez máis preto!



O feito de participar e resultar premiados na IX Edición de Espiral-Edublog énchenos de ledicia e é unha inxeción de motivación para seguir traballando. Xa falta menos para o 13 de xuño!
Durante este curso traballamos Bioloxía e Ciencias do Mundo Contemporáneo dun xeito distinto! Na clase programamos tarefas todos xuntos, ou a través do blog guiados pola profesora, sempre opinamos e participamos nas tarefas que máis nos atraen, eleximos os temas e novas dos que imos facer podcast, comentarios no noso canal TV, post, entrevistas, grabacións... E cada día empezamos as clases ca tarefa en twitter #undiacomahoxe.


lunes, 25 de mayo de 2015

App do Proxecto Ciencia Activa!

O noso blog ten unha novidade! 
Xa temos dispoñible a nosa propia App para dispositivos Android!
A App "Proxecto Ciencia Activa", permite recibir notificacións e ter acceso directo as entradas publicadas. 
Para ter a App no teu móvil Android:
Primeiro tes que ter permisos para execución de Apps externas:  Ir a  Axustes- Seguridad- e activar a casilla de Oríxenes Descoñecidos, dirixirte a DESCARGA e finalmente clickar nela para instalala!
Espero que vos guste!
                                      Marcos Fernández 1ºBAC




viernes, 22 de mayo de 2015

Conferencia na aula: "Biosensores e nanotecnoloxía""

Hoxe tivemos unha clase moi especial, visitounos Patricia Losada Pérez doutora en física e ademáis exalumna do noso colexio.
Actualmente traballa en Bélxica coma profesora universitaria e investigadora no eido dos biosensores e a nanoloxía,  falounos de biofísica e de como a física está presente na bioloxía e na mediciña.
Patricia explicou como actualmente investiga con biosensores coma marcadores de mutacións, e como isto pode axudar a identificar células canceríxenas a partir dunha mostra de sangue por exemplo. E localizar tamén outras mutacións, así como detección de parámetros coma urea, glicosa...A investigadora aconsellounos ler artigos de ciencia e investigación, e facilitounos algún!
Patricia Losada o remate da charla, da que nos compartiu a presentación, falounos das ventaxas de ser científica, como cando obteñen resultados satisfactorios tras moitos intentos, escribir artigos, dirixir tesis de alumnos ou compañeiros de investigación, e tamén asistir a congresos en diferentes partes do mundo!
Moi amablemente o rematar a ponencia Patricia Losada fixo unha foto con nós. Patricia tivo a deferencia de contestar a alguhas preguntas no seguinte audio onde Laura e Martín fanlle unha entrevista. Moitas grazas!


Todos os membros do Proxecto Ciencia Activa agradecemos a visita da científica xa que é un excelente exemplo a seguir, e a felicitamos polo traballo tan interesante que leva a cabo. Parabéns! 


jueves, 14 de mayo de 2015

Construíndo unha maqueta do ADN para a Semana da Ciencia do colexio!

O vindeiro 1 de xuño conmemórase o Día da Ciencia de Galicia e o 5 de xuño o Día do Medio Ambiente, por iso o Colexio Padre Feijoo-Zorelle adicará esa semana a expór traballos de ciencias de tódolos niveis educativos.
Os Departamento de Bioloxía e de Tecnoloxía levará a cabo a elaboración dunha maqueta cun fragmento da "Dobre Hélice de ADN".
O primeiro repasar a importancia desta molécula nas células e na existencia e funcionamento de calquer ser vivo. Lembrade que un xen é un fragmento de ADN con información para determinar un carácter. O descubrimento da "Dobre Hélice do ADN de Watson e Crick" considérase unha das achegas máis relevantes do século XX, no eido da bioloxía molecular!

Proceso:
  1. Nunha plancha de porexpán debuxamos os azúcares (pentágonos que representan as desoxirribosas, parte fixa nas dúas cadeas de ADN)
  2. Marcamos as bases nitroxenadas púricas (adenina e guanina) e pirimidínicas ( citosina e timina). As bases son a parte variable, oa orde destes compostos determina as diferencias!
  3. Mercamos bolas de porexpán de 10 cm de diámetro que representarán os fosfatos (H3PO4 que son parte fixa no ADN)
  4. Na aula de tecnoloxía cortánse as figuras de azúcares e bases, baixo a supervisión do profesor.
  5. Pintamos os compostos no laboratorio. ( Tendo en conta os criterios definidos sobre as cores para cada composto, non pode haber erros!)
  6. Procedemos a montaxe en tecnoloxía: unha base de madeira con rodas onde se cravan as dúas guías de madeira  que serán as dúas cadeas, onde se insertan as figuras de porespán xa pintadas. Coidando sempre A e T (2 enlaces de pontes de hidróxeno) e G e C (3 enlaces de pontes de hidróxeno)
  7. O profesores de tecnoloxía e bioloxía coordinan a montaxe para que a molécula reflexe o mellor posible a realidade dos xenes!   

 O vindeiro 1 de xuño exporémos a maqueta do ADN no hall do centro, xunto a todos os traballos de infantil, primaria, e secundaria e os alumnos de bacharelato tamén montaremos un stand onde exporemos e explicaremos as tarefas feitas neste blog: Proxecto Ciencia Activa!


domingo, 10 de mayo de 2015

Composto do té verde contra ás células do cancro?

Un composto químico do té verde podría matar as células do cancro oral, deixando así intactas as células sans.  A investigación que se realizou afirmou que estes descubrimentos podrían levar a tratamentos para o cancro oral e tamén para outros tipos de cancro. 
En estudios anteriores mostrouse como a substancia coñecida co nome de EGCG, presente no té verde, matou células do cancro sen dañar as normales, pero os investigadores non entendían esta capacidade de ataque tan selectiva.

Autor: squacco
Na actualidade o equipo do profesor Joshua Lambert, da Universidade Estatal de Pensilvania en University Park, Estados Unidos, averiguou que o EGCG pode activar un proceso nas mitocondrias das células cancerosas que leva á morte celular. 
O EGCG ocasiona a formación de especies reactivas do osíxeno nas células cancerosas. Isto daña ás mitocondrias, a medida que as mitocondrias se estragan máis, a célula cancerosa reduce a expresión dos xenes antioxidantes e desta maneira rebaixando aínda máis as súas defensas. Por este motivo, apágase un mecanismo de protección e o EGCG causa este estrés oxidativo.
O próximo obxectivo é estudiar o mecanismo en animais. Se estas probas e outros ensaios con humanos logran ter éxito, os investigadores confían en poder crear tratamentos anticancro pero sen que teñan efectos secundarios dañinos. Investigacións alentadoras!

jueves, 30 de abril de 2015

Altas cantidades de selenio nas termas ourensáns!

Fuente: Faro de Vigo
A doutora Ciencias Químicas e Licenciada en Fsrmacia, Dña Marita Souto Figueroa atopa unhas elevadas cantidades de selenio nas termas de Ourense máis concretamente nunha pequena poza da Chavasqueira, no entorno próximo ao centro da cidade. O selenio é un elemento químico que pode ser beneficioso para o cancro e outras enfermidades, a maiores de ser un potente antioxidante!
No seguinte Martín e José Luis comentan a nova, unha nova de ciencia e actualidade para a nosa cidade, capital do termalismo galego!

lunes, 27 de abril de 2015

Vídeo animado e infografía para promover a lectura!

Con motivo do II Festival Do Libro, os alumnos de Proxecto Ciencia Activa elaboramos esta animación na aula empregando a PDI e aportando ideas entre todos ("brainstroming"),  co fin de reflexar a esencia do lema do festival deste ano: "Un libro, un viaje". A animación fixémola empregando Go-Animate e foi editada por Marcos Fernández Prieto na aula seguindo as ideas de todos os compañeiros. Disculpade os erros! Esperamos que vos guste!
Tamén con esta infografía pretendemos promover o bó hábito da lectura e os seus beneficios na saúde!


domingo, 26 de abril de 2015

Participación do P. Ciencia Activa no II Festival do Libro do Colexio

O II Festival do Libro co lema: "Un libro, un viaje" é un proxecto interdisciplinar e plurilingüe no que participamos todos os niveis educativos do centro. Dende as materias de Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias do Mundo Contemporáneo, coordinados pola nosa profesora Beatriz Temes, realizamos as seguintes tarefas:




  • Vídeo promocional do Festival con entrevistas a profes, alumn@s e mensaxe coordinadora (1º BAC-Movie maker)
  • II Concurso de presentacións Ciencia Activa (Participantes:3º e 4º ESO, e 1º BAC- Powerpoint/Googledrive)
  • Elaboración videopoemas(1º BAC-Kizoa/ MovieMaker/ Animoto)
  • I Concurso de Microrrelatos Científicos participantes: 3º e 4º ESO,e 1º BAC, 2ºBAC (Subidos a Issuu)
  • Vídeo microrrelatos finalistas leídos por autores(Elaborado con editor vídeos de youtube)
  • Elaboración do mural para expór os microrrelatos por 3º e 4ºESO, e 1ºBAC (Editado con Kizoa)
  • Deseño e realización entrevista ao escritor Fernando Méndez (Grabada en Audacity e subida ao canal do Proxecto en Ivoox)
  • Infografía sobre as vantaxes da lectura 1º BAC (Empregando Easely)
  • Animación intentando representar o lema do Festival (Realizada na aula por Marcos en Go-animate, mediante "brainstorming"entre todos os alumnos 1ºBAC, grazas a PDI) 
Presentación de todas as tarefas dentro do programa de actividades do II Festival do Libro, por un grupo de alumnos do Proxecto Ciencia Activa, recollemos un resumo da nosa participación e ponencia no seguinte audiovisual:

miércoles, 22 de abril de 2015

Conmemorando o Día do Libro co escritor: Fernando Méndez

Con motivo da celebración do Día do libro, no Colexio Padre Feijoo-Zorelle celebramos a II edición do Festival do Libro co lema: "Un libro, un viaje". Dentro da programación do Festival contamos ca presencia do escritor e xornalista galego, Fernando Méndez, autor de ensaios periodísticos, libros e traballos de investigación de distinta índole e varias novelas que leemos e traballamos no Colexio en cursos de secundaria e bacharelato. 
Os alumnos e profesores tivemos a oportunidade de asistir a unha charla-coloquio co escritor no centro, e ao rematar Fernando Méndez  moi cordial, contestou a unhas preguntas realizadas por Patricia Ruibal e Belén Estrada alumnas de Proxecto Ciencia Activa.
 No podcast,  o escritor explica dun xeito claro e ameno algunhas características das súas novelas, e danos consellos moi interesantes sobre a importancia da ler e escribir.
Moitas grazas a Fernando Méndez polo seu tempo e amabilidade!