viernes, 28 de noviembre de 2014

miércoles, 19 de noviembre de 2014

Que é a Influenza?

Imaxen por Sanofi Pasteur.
A Influenza ou gripe
É unha enfermidade producida por un virus que ataca preferentemente o tracto respiratorio na zona alta (naríz e garganta), nos bronquios e ráramente tamén nos pulmóns. Os seus síntomas son:
-Un inicio súbito de febre alta.
-Dor de cabeza.
-Severo malestar xeneral.
-Secreción nasal.
-Falta de Osíxeno.
A Influenza constitúe un serio risco para a vida nalgúns enfermos, e posiblemente unha catastrófica pandemia. Contáxiase a través do aire, esta enfermidade pode matar a algunhas persoas ( anciáns e persoas con enfermidades crónicas) en menos de 2 días, aínda que se o tratamento é bo, pódense salvar a gran maioría dos afectados. Supón moitos costes á sanidade e os gobernos as campañas de vacunación para a prevención, as baixas laborais, e outros gastos sanitarios.
É recomendable poñerse unha vacina anualmente, sobre todo as grupos máis sensinbles, anciáns, enfermos crónicos, en épocas con esta enfermidade activa, recoméndase levar sempre unha mascarilla en lugares moi poboados, tamén é moi importante lavar as máns con frecuencia para evitar o contaxio

viernes, 14 de noviembre de 2014

Día Internacional para a Tolerancia - 16 novembro


Autor : Hamed Maso    
O 16 de Novembro de 1995 os países membros da UNESCO adoptaron a Declaración de Principios para a Tolerancia . Un ano despois , a Asamblea Xeral invitou aos Estados membros a que cada 16 de Novembro se celebrase o Día Internacional para a Tolerancia .
A tolerancia é a base máis firme da paz e da reconciliación, podemos fomentala coa comprensión e o respecto entre culturas dende as escolas ata os gobernos.
A tolerancia apréndese, non só é saber convivir senón tamén poder resolver conflictos mediante o diálogo, sempre cunha actitude asertiva.
As nosas compañeiras Lucía , María e Raquel tratan o tema da tolerancia neste audio onde tamén entrevistan á Mª José Otero orientadora do colexio:



jueves, 13 de noviembre de 2014

Doce anos despois, lembramos o desastre do Prestige en Galicia!

Autor: Stéphane M.Grueso
O desastre do Prestige fai referencia ao accidente do Prestige na proximidade das costas galegas. 
O 13 de Novembro de 2002, o petroleiro accidentouse logo dunha forte tormenta. Despois de 2 días de manobras e moito traballo, o petroleiro afundiouse con 77.000 toneladas de fuel a 250km da costa da Morte, o que provocou unha das catastrofes ambientais máis grandes da historia da navegación.
O derrame do petróleo do Prestige foi considerado o tercer accidente máis custoso da historia. Unha das causas que se supuxo pero nunca se demostrou, foi que a grieta do casco do Prestige fose provocada polo choque cun contenedor ou tronco de madeira debido a que horas antes uns barcos que transportaban ises materiais perderon parte do seu cargamento. Esta vertido de fuel supuxo que as costas galegas quedasen cunha cor negra debido ao petróleo. Isto causou un grave impacto medioambiental sobre as aves, tartarugas e mamíferos mariños, sobre actividades pesqueiras, na saúde das persoas e graves consecuencias sociais e económicas para os galegos! 

jueves, 6 de noviembre de 2014

Salamántigas e tritóns en perigo por un fungo asiático

Autor: Pedro Luna Guillen
O fungo asiático Batrachochytrium salamandrivorans chegou a Europa e está afectando a unha docena de especies de tritóns e salamántigas. 
Autor: Elvira S. Uzábal - elbeewa
Polo momento, causou graves estragos en cinco especies de salmántigas en Holanda e Bélxica. Non obstante, advirten que pode propagarse rápidamente por outros países europeos e americanos, aínda que non entrou en España pronto chegará. Este fungo foi introducido polo comercio de mascotas exóticas que se importan e por iso piden que se reforcen os controis.         
Este patóxeno provoca unha enfermidade que causa lesións na pel, chamada quitridiomicose. Afecta á respiración destes anfibios, xa que a pel ten un papel moi importante na súa capacidade respiratoria. Ademais tamén prexudica a súa capacidade para absorber auga e minerais.

Expertos realizaron un análisis a 5.000 anfibios de todo o mundo, o que lles 
permitiu concluír que posiblemente este fungo se orixinou en Asia fai 30 millóns 
de anos e entrou en Europa recentemente. Sen embargo, xa no ano 1861 xa se detectara en anfibios de Xapón, Tailandia e Vietnam. Como conclusión, débese frear a comercialización de especies exóticas para evitar que estes animais desaparezcan.