viernes, 31 de octubre de 2014

Un novo combustible para voar?

[Img #19871]
(Foto: Rob Felt / Georgia Tech)
Grazas a unhas bacterias manipuladas xenéticamente ,conseguiuse producir un biocombustible alternativo aos derivados do petróleo, pero coa suficiente enerxía  para impulsa o motor dun cohete.
Para  producir esta  enerxía e que lle dé a suficiente forza ó motor dos cohetes para voar, os investigadores toman colonias de bacterias modificadas xenéticamente para producir dímeros de pineno e logo colocalo dentro duns tubos de ensaio, onde o seu contido sexa glucosa. Os investigadores lograron  que ca combinación de encimas se obteña con  maior eficacia o golpe de enerxia  desexado, de tódolos xeitos ainda ten que obterse melloras enerxéticas mais drásticas para que o pineno obtido sustitúa aos derivados do petróleo
Iste proxecto ainda ten que superar varias probas  para que  nun futuro os nosos cohetes cheguen a voar grazas a  estas bacterias modificadas xenéticamente!
Esperamos con entusiasmo que algún día este proxecto fágase realidade!

jueves, 16 de octubre de 2014

Día Mundial da Alimentación 16 outubro

O 16 de outubro de 1945 creouse a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), por iso este día foi elexido coma o Día Mundial da Alimentación e conmemorouse por primeira vez en 1981.
No 2014 iste día céntrase na atención Mundial da Agricultura familiar co fin de erradicar a fame e a pobreza, fomentando nos países pouco desenvolvidos a capacidade de ser productores dos seus propios recursos agrícolas.


 Autor: Agencia de Noticias Inter Press Service
O 56% da producción agrícola mundial é familiar. A agricultura familiar abarca todas as actividades familiares que están vinculadas ao desenvolvemento do ámbito rural coma: agricultura, actividade forestal, pesca, producción pastoral e producción acuícola. 

É moi importante defender e resaltar estas actividades sempre dende un punto de vista sustentable, coma garantía de coidado do planeta e de alimentación para millóns de persoas!


Autor:Hebe Aguilera 
                                 


   Nota: No noso colexio lévase a cabo o Proxecto Si, co fin de desenvolver hábitos alimentarios saudables, dentro dun plan de saúde integral. Escoita o podcast do noso canal que explica con claridade en que consiste, e tamén podemos consulta o proxecto no seguinte enlace: PROXECTOS DE CENTRO do Colexio Padre Feijoo Zorelle.
 
                                                    

lunes, 13 de octubre de 2014

As augas máxicas de Ourense!

Aquis Aurienses asi denominaron os romanos a terra que conquistoron, con dous tesouros: as augas termais e o ouro transportado polo Miño
As fontes de As Burgas, son referente histórico de o poder sanador, seguen sendo estandarte dunha oferta de ocio termal destacada en España.
As termas de Ourense cada vez atraen máis bañistas para probar as nosas augas, descansar e ao mesmo tempo relaxarxe nuns balnearios ao aire libre, algúns gratuitos e outros a moi baixo prezo.
Estas augas por riba teñen propiedades curativas! Recoméndanse para moitas afeccións dermatolóxicas. 
Como curiosidade decir que é frecuente a imaxe de persoas da cidade bebendo, lavándose, mollando os pés...(Dende sempre xa en tempos dos nosos avós)
Existía unha casa de baños abastecida con auga quente das Burgas, onde a xente ía cando non había duchas nas casas, como tamén ían as mulleres a lavar a roupa na auga quente!
Na nosa provincia hoxe en día, o termalismo é unha gran riqueza, que debemos preservar, valorar e por suposto disfrutar!


Autor: Darío


martes, 7 de octubre de 2014

Descobren como convertir a luz en materia

Tras 80 anos de ensaios, un equipo de físicos do Imperial College London (Reino Unido) descubriu o xeito de crear materia a partir da luz. Iste achega supón un hito na física: probar a realidad dunha teoría formulada en 1934 polos científicos Breit y Wheeler.
Sarah Romero
Ambos físicos suxiriron que debería ser posible converter a luz en materia mediante a destrucción simultánea de dúas partículas de luz (fotóns).
O estudo fala dun experimento de física de alta enerxía que podería explicar algúns dos misterios máis grandes da física ainda sen resolver, como o proceso da orixe do universo, nunha das maneiras máis sinxelas nas que a luz e a materia poden interactuar.
A forma de logralo pasou por dous pasos principais: primeiro, o empleo dun láser de alta intensidade extremadamente potente para acelerar os electróns hasta case a velocidade da luz; segundo, cun hohlraum (cuarto vacío) os científicos dispararon un láser de alta enerxía na superficie interna deste ouro co obxetivo de crear un campo de radiación térmica, xenerando así unha luz semellante a que emiten as estrelas.
Os mesmos autores do estudo afirman haberse sorprendido tras descubrir que iste proceso proporcionou as condicións idóneas para a creación dun colisionador de fotóns!
                                

viernes, 3 de octubre de 2014

Erupción vocánica en Xapón

Neste último mes de setembro producíuse a erupción do volcán xaponés Ontake, que foi a segunda catástrofe volcánica máis grande do país, e cobrouse a vida de máis de 40 persoas, ademáis de numerosos feridos e desaparecidos.

O Monte Ontake onde se atopa o volcán que leva o mesmo nome, está situado na illa de Honshu a uns 100 km da cidade de Nagoya e a uns 200 km de Tokio . Conta cunha altura de 3067 m sendo o segundo máis alto do Xapón, tras o Monte Fuji, que conta cunha altura de 3776 m.

Compre salientar que o pais nipón atópase no coñecido como "Cinturón de Fuego del Pacífico" que se caracteriza pola continua actividade sísmica e volcánica.
Deixo este vídeo curto con imaxes que poden dar unha idea das dimensións da erupción: