viernes, 26 de septiembre de 2014

Infografía da vida e obra do Padre Feijoo

Co fin de resaltar a figura do Padre Feijoo elaborei a seguinte infografía que recolle os datos máis relevantes:





Cabe destacar a importancia que tivo Feijoo na literatura Española do século XVIII .Benito Jerónimo Feijoo foi o primeiro representante da Ilustraciónen España, foi un célebre ensaísta famoso por obras como Teatro Crítico Universal na cual critica a superstición e defende a ciencia, a razón e o método experimental como únicas formas de atopar a verdade!

Foi o protagonista do Dia do Cientifico Galego en 2013. A Real Academia Galega de Ciencias aprobou a elección do Padre Feijoo pola sua defensa da razón e a experiencia e polo seu espíritu crítico ao cuestionar fenómenos e o seu interese por ler e  difundir ideas científicas. 


jueves, 18 de septiembre de 2014

Curso 2014-2015


Iniciamos un novo curso continuando co blog de aula que empezamos fai un ano. No Proxecto Ciencia Activa seguiredes investigando temas de actualidade científica e por suposto novas que queirades destacar. É unha plataforma para expór os vosos traballos coma audiovisuais, presentacións e outras tarefas que iremos plantexando. Iniciamos unha actividade de podcasts que subiremos a un canal de Ivoox, a idea é que diseñedes entrevistas, comentedes noticias de ciencia ou actualidade do voso entorno.

Deséxovos que continuedes co Proxecto ca mesma ilusión e motivación do curso anterior.
 Benvid@s a tod@s!