martes, 24 de junio de 2014

Remate do curso 2013/2014

Ante o remate deste curso e a inminente chegada do verán, deséxovos a todos unas boas vacacións e tamén vos digo o contenta que estou do voso traballo neste blog.
 Unha experiencia que comezamos con ilusión e incertidumbre, pero que fixo que vos implicárades todo o grupo. Ademáis o feito de participar en Espiral - edublogs e lograr ser finalistas, acabou de motivaros aínda máis, todo isto éncheme de satisfacción e por iso vos dou as grazas e a noraboa!


 Seguiremos co proxecto o vindeiro curso adaptándonos os posibles novos alumnos ou os que deixedes de cursar bioloxía. Bó verán a tod@s!

Novas células escudo que protexen do cancro!

Autor: Silvaliya
A inmunoterapia contra o cancer presenta unha revolucion na oncología aínda que non e doado debido a que este proceso non se centra nas células tumorales senon nas que están o seu arredor que son as que fan de escudo.
Esta nova forma de tratar os tumores  foi investigada na Universidade de Texas onde fixeron distintos ensaios para tratar este grave problema que está tan presente na nosa vida.

lunes, 23 de junio de 2014

Construíndo maquetas moleculares!

Pondo en práctica algunhas técnicas de reciclaxe compartidas a través de twitter e tamén empregando materiais de pouco coste, elaboramos na aula estructuras moleculares en 3D, co fin de fixarnos nos átomos e enlaces das diferentes biomoléculas, e ademáis foi divertido!





Legumes que se nutren de auga mariña!

Autor: OliBac
A salicornia é unha planta que se pode regar con auga de mar!
A salicornia vendese a uns 20 euros o kilo nos supermercados estadounidenses de comida biolóxica, e nun moderno restaurante de "Las Vegas" conta entre as súas especialidades cun plato de vieiras con puré de salicornia. Pero o mais curioso é que en México, a salicornia xoga un papel esencial nun ambicioso experimento có obxetivo de preservar o precioso suministro de agua doce.



jueves, 19 de junio de 2014

Barcelona garda os xenomas de 100 000 personas de todo o mundo!

A información xenética de 100 000 persoas de todo o mundo gardada en barcelona. A capital catalana convertiuse na nova sede do Archivo Europeo do Genoma-Fenoma (EGA). Un fichero que almacena nun superordenador cun millón de gygabites de memoria, os xenomas de distintas partes do mundo os cales servirán para realizar distintos estudios biomédicos.
Este almacén garantiza que toda a comunidade científica poda dispor de datos valiosos para desenvolver  novos traballos de investigación. Xenomas sáns ou con xenotipos de enfermidades como cancro, diabetes ou patoloxías cardiovasculares.

Crean células nai embrionarias diploides para curar a diabetes!

Autor: Microagua
Como xa se sabe a diabetes é unha enfermidade crónica, que moita xente padece. Lévanse anos e anos investigando para atopar unha cura para esto, e parece que os científicos do Instituto de Investigación de la Fundación de Células Madre de Nueva York y del Centro Médico de la Universidad de Columbia idearon unha cura.
Esta cura levouse a cabo grazas á donación dun adulto con diabetes de tipo 1, desde o cal se crearon as células nai. A pesar dos problemas que tiveron que afrontar os científicos parece que
 por fin están cada están máis preto
 do seu obxectivo... Curar a diabetes!

miércoles, 4 de junio de 2014

O cambio climático ameaza a produción de café!

Durante 6 anos un fungo chamado "Roya" acabou cun número elevado de plantas de café en Centroamérica. Científicos afirman que o aumento de precipitacións debido ao cambio climático fortacele ao fungo, que cubre as follas das plantas e actúa de parasol o cal impide a fotosíntesis da planta.

Autor de la foto:jacilluch
Non podemos olvidar o extendido que está o consumo e comercio do café en todo o mundo, polo que este fungo pode facer estragos nestes cultivos o verse fortalecido por as alteracións climatolóxicas.
Este fungo esta pouco investigado, pero algúns científicos din que a única maneira de obter café é creando plantas resistentes a este fungo, a través de sementes modificadas por enxeñería xenética!

martes, 3 de junio de 2014

O colesterol bó reduce a expansión das células cancerosas!

O colesterol malo segue a ser un factor de risco coñecido para o infarto e outras enfermidades vasculares, observouse tamén como responsable dun tumor noutros órganos.
Os científicos demostran que o colesterol malo (LDL) estimula as células cancerosas a moverse e deseminarse, pero o colesterol bo (HDL) aporta as mesmas células mecanismos moleculares para deter a súa expansión, indica unha nova estratexia contra a metástase. A metástase é unha das principais cuestións que fan que o cancer sexa tan difícil de tratar!