viernes, 25 de abril de 2014

Parálise do sono!

Autor: peasap
A parálise do sono é un trastorno que ocorre entre o estado do sono e o de vixilia, unha alteración da fase Rem do sono
Neste trastorno a persoa é consciente en todo momento pero non pode moverse nin falar o que lle provoca ansiedade e alucinacións. Pode ocorrer a lo menos unha vez na vida e a causa principal é o estar sometido a moita presión ou estrés.Hay varios tipos:
-Formas aisladas:asóciase ao estrés e a horarios irregulares de descanso.
-Formas familiares:cando un ou varios membros da familia sofren o mesmo trastorno.
Para este trastorno non hai tratamento fixo aparte de estar relaxado e non perder a calma xa que é temporal.
Así que se coñeces a alguén ou che ocorre a ti tranquilo, respira forte, pensa que che vai pasar e intenta durmir coma un bebé!

domingo, 20 de abril de 2014

Unha nova esperanza para os diabéticos!

No Reino Unido realizouse o mellor invento británico do ano. A catedrática Joan Taylor da Universidade de Montfort de Leicester, inventou un páncreas artificial, que se pode implantar en enfermos con diabetes.
Este aparello desenvolvido por a empresa de tecnoloxía médica Renfrew Group International, no só eliminará a necesidade de inxectar insulina manualmente, senón que tamén, garantízanos que se administren as dosis exactas de cada vez.
Esta previsto que a primeira proba se realice no ano 2016.

                                       
                                                                                   

jueves, 10 de abril de 2014

Sopa de letras do Sistema Nervioso

Aquí déixovos unha sopa de letras para que repasedes palabras do sistema nervioso que demos. Poderás atopalas sen pistas?

 

domingo, 6 de abril de 2014

Un novo uso do Metoprolol!

Un medicamento de 10 euros que reduce un 25% as secuelas dun infarto!
Un estudo realizado por investigadores españois, entre eles Valentín Fuster, a 200 pacientes hipertensos demostraron, por primeira vez, os beneficios que posee o "Metoprolol" como tratamento despois dun infarto cardíaco, aplicado dende o primeiro intre reduce as consecuencias posteriores ao infarto ata un 25%.
O "Metoprolol" é un fármaco barato, e leva máis de 30 anos comercializándose para o tratamento de hipertensión e os problemas de taquicardia.
 Unha estupenda nova que pode salvar vidas!

martes, 1 de abril de 2014

Un cromosoma sintético!

Autor: betacontinua
O equipo internacional de científicos encabezado por Jef Boeke, director do Centro Médico Langone do Instituto para Sistemas Xenéticos da Universidade de Nueva York, nos Estados Unidos, sintetizou o primeiro cromosoma artificial na levadura, un paso importante no campo emerxente da bioloxía sintética e o diseño de microorganismos para producir novos medicamentos, materias primas para alimentos e biocombustibles. 
O xénero Saccaromyces Cerevisae é unha levadura empregada na fabricación de pan, cervexa e viño, este encontro terá repercusións industriais grazas a biotecnoloxía.
 É interesante que foran preto de 60 estudiantes de bioloxía os que colaboraran a achega deste descubremento!