jueves, 27 de marzo de 2014

O Alzheimer

Autor: Antonio Gómez
O alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa que se manifesta coma o deterioro cognitivo e trastornos conductuales. Os principais síntomas son unha perda de memoria inmediata e de outras capacidades mentais, segundo as neuronas morren danan de xeito irreversible diferentes zonas do cerebro.
Ista enfermidade é a principal causa da morte de moitas persoas anónimas e tamén célebres coma o primeiro presidente da democracia española D. Adolfo Súarez que faleceu recentemente, pero non é a única víctima famosa desta enfermidade outros son Ronald Reagan, Charlton Heston, Rita Hayworth, Carmen Sevilla, Antonio Mercero, Eduardo Chillida, Pasqual Maragall, Gabriel García Márquez, etc. Todos tiveron e algúns teñen en común esta dura enfermidade, hoxe ainda sen cura!

Neste vídeo podemos ver máis información sobre o Alzheimer e tamén está relacionado co que estamos vendo en bioloxía sobre o sistema nervioso.



jueves, 20 de marzo de 2014

22 de Marzo Día Mundial da Auga 2014: Auga e enerxía

Como motivo do día Mundial da Auga lembramos a importancia dos recursos hídricos no planeta e a necesidade do aforro e conservación deste recurso vital!
Asistimos a unha charla-taller sobre a calidade das augas doces.
 Para comprobar a calidade da auga fixemos experimentos no laboratorio para medir algúns parámetros indicativos coma: a turbidez, a temperatura,o osíxeno disolto, a porcentaxe de saturación de osíxeno,a dureza da auga, nitratos e pH.
Os valores de pH recomendados para as especies acuáticos son entre 6.0 e 8.0. Un pH baixo pode facer que os compostos tóxicos sexan máis perxudiciais porque chegan máis facilmente ás plantas e animais acuáticos.
A dureza da auga non ten efectos negativos directos para a saúde e o medio ambiente. O orixe do calcio e do magnesio soe ser natural e provén da disolucion dos materiais rochosos. En Galicia as augas son brandas, porque a rocha é granítica.

O consumo de nitratos a través da auga pode ser moi perxudicial po home e é especialmente tóxico para os nenos menores de 5 meses. O nitróxeno é un nutriente para as prantas e a sua presencia na auga pode acelerar o crecemento excesivo do fitoplacton producindo
eutrofizacion das augas. A orixe dos nitratos pode estar nas actividades urbáns, industriais e agrícolas.

O contido de osíxeno gas na auga é o balance entre a cantidade que entra (da atmósfera e da fotosintese) e a que se consume (na respiración ).
A auga fría ten maior capacidade de reter o osíxeno que a auga máis cálida.A auga a 8ºC pode ter ata 12 ppm de osíxeno, mentras que 28ºC saturase con 8 ppm, a temperatura é un parámetro físico que tamén condiciona a vida dos ecosistemas. 


lunes, 17 de marzo de 2014

Crucigrama do encéfalo

Déixovos esta actividade que diseñei eu en educaplay, co fin de repasar as partes do encéfalo, intentade facelo sen pistas é moi doado!

domingo, 9 de marzo de 2014

Pesca sostible!

Autor foto: Marcos Esperón
A perda de biodiversidade é un dos graves problemas ambientais do planeta, para garantizar a súa protección existe medidas que controlan actividades deportivas coma a caza ou a pesca, co fin de non alterar os ciclos biolóxicos e sen impactar negativamente a dinámica dos ecosistemas.

A todos os aficionados á pesca lembrade, a tempada para o año 2014 na Comunidade Galega comezará o vindeiro 16 de marzo e rematará o 31 de xullo, con carácter xeral.
 Lembremos tamén respetar as condicións de captura, tamaños, vedas...o respeto a Natureza permítenos disfrutala!
 Para máis información pincha aquí.