lunes, 24 de febrero de 2014

Sabías que os humanos aprendemos mentres durmimos?


Según un estudio, no que participaron 191 voluntarios, ao durmir o cerebro humano almacena os coñecementos adquiridos durante o día, o nos permite lembralos a longo prazo!
Os participantes do estudio tiveron que aprender de memoria 40 pares de palabras e, noutro experimento, reter a posición de obxetos e animais.
Despois, unha parte do grupo foise a durmir e a outra non. Os investigadores anunciaron que á metade do grupo que se foi a durmir serían sometidos a un test en 10 horas.
Ao final todos os participantes foron sometidos ao test e, como se esperaba, aqueles que durmiran tiveron mellores resultados, según informou a Universidade de Lübeck.
 A xente que durme menos e tamén menos atractiva, xa temos outra razón para durmir ben!


lunes, 17 de febrero de 2014

Os científicos da Nasa atopan unha pedra en Marte!

Curiosidade e misterio! Cómo apareceu esa pedra?
O seu tamaño e forma son semellantes a unha rosquilla, e ten bordes brillantes de cor branca cun centro vermello rubí. Esa é a misteriosa pedra que, segundo o científico xefe de misións robóticas da NASA en Marte, Steve Squyres, o Opportunity atopou nun lugar onde non había nada 12 días antes .
 Ata agora, foron consideradas dúas explicacións posibles : ou a pedra foi lanzada nese lugar tras un impacto dun meteorito ou probablemente chegou alí arrastrada polo paso do propio Opportunity.

 En canto ao tipo de rocha, unha inspección inicial indica que é rico en nitróxeno e potasio. Tamén parece estar en posición PRONA , ou sexa, a parte visible non sería afectada pola atmósfera marciana.



Autor: María


martes, 11 de febrero de 2014

Unhas novas borrascas: Ruth e Stephanie!


Choiva, choiva e máis choiva...!
Esta nova borrasca entra en Ourense pondo en alerta ao río Miño.
 O temporal esta deixando fortes rachas de vento, inundacións e desperfectos moi importantes na nosa provincia.
As abundantes choivas conseguiron duplicar a cantidade de auga no río que pasa pola cidade inundando as pozas públicas de Outariz e A Chavasqueira.
En canto as forzas do vento alcanzaron os 144 kilómetros por hora chegando a tirar árbores ao seu paso.
O domingo 9 de febreiro "Ruth" saira  da Península pero orixinárase un novo sistema frontal co nome de "Stephanie" que pasará  moi rápido deixando máis precipitacións!

domingo, 2 de febrero de 2014

Atopan novos planetas errantes e sen estrela!

Este descubrimento foi levado a cabo polos astrónomos da Universidade de Notre Dame dos Estados Unidos. Trátase de dez planetas que flotan illados no espazo e lexos de calquera estrela. Son corpos oscuros cunha masa similar a de Xúpiter que foron avistados despois de observar unha rexión no centro da Vía Láctea. Este número indica que estes astros poden ser máis comúns do que se pensaba.

Os astrónomos, liderados por David Bennet, publicaron un articulo na revista 'Nature' no cal indican que estes planetas puderon ser expulsados de sistemas solares en desenvolvemento.
A NASA ten prevista unha misión para o 2018, na que usará unha técnica chamada "microlensing" para atopar planetas flotantes similares a Terra na nosa galaxia.

Aquí vos deixo unha foto dos planetas cun enlace ca nova, fai click na imaxe:

   Foto: wikimedia