jueves, 23 de enero de 2014

Visita dunha científica aos alumnos de Bacharelato

Hoxe a nosa aula, veunos dar unha charla unha investigadora, chámase Patricia Losada Pérez; é doctora en Física e traballa actualmente en Bélxica na Universidade de Hasselt, onde está investigando aplicacións no campo da Biofísica.

Patricia estudou no noso colexio e fíxonos unha presentacion en inglés sobre o seu traballo en distintos campos: nanotenoloxía, biofísica, termodinámica... 
Chamoume a atención o estudo de cristais líquidos e os seus usos na fabricación de pantallas táctiles. Ainda que a partir de agora adicarase a estudar a orixe de depósitos de péptidos e alteracións nos lípidos, que poden destruir neuronas. 

Agradecemos a presenza de Patricia Losada Pérez, porque nos parece moi interesante coñecer as aplicacións da Física, e ver que non e tan abstracta como pensábamos.



domingo, 19 de enero de 2014

Atópase un burato negro que orbita en torno a unha estrela!

Un  equipo de investigadores españois encontrou unha parella cósmica nunca antes vista, formada por un burato negro e unha estrela de tipo peonza. O burato atópase na orbita da estrela que xira a mais de un millón de km por hora rozando a súa rotura.

Esta combinación foi avistada dende o observatorio Roque de los Muchachos en La Palma (Canarias) por un amplo grupo de cientificos.

domingo, 12 de enero de 2014

O Quentamento Global.

É o fenómeno que condicionará o clima e os ecosistemas nas distintas partes do mundo co paso dos anos, e non estamos a falar de posibilidades, senón de feitos; feitos que reflexan que polas emisións producidas nas últimas décadas, ainda que hoxe o mundo parase de aumentar as emisións por completo, o quentamento seguiría aumentando.
Para unha mellor explicación a esto déixovos una noticia e un video: Noticia
 












  Autor da foto