jueves, 3 de octubre de 2013

Os incendios e as súas repercusións

Os incendios son uns dos impactos ambientais que máis afectan a degradación dos montes e da Natureza.As consecuencias dun incendio son negativas tanto como para os homes como para o medio ambiente.

As consecuencias sobre a flora
.Un incendio tende a dexenerar a cuberta arbórea xa que o lume destrúe ós árbores.
.Os incendios deixan multitude de residuos mortos que serán un foco de enfermidades e pragas que repercutirán sobre as futuras repoboacións arbóreas.
.Coa diminución da flora tamén diminúe o proceso de absorción do dióxido de carbono e a emisión de osíxeno.

 As consecuencias sobre a fauna
.O lume rompe o equilibrio dos ecosistemas alterando de esta maneira na fauna.
.O lume provoca escasez de alimentos,de lugares onde refuxiarse e de outras condicións necesarias para a vida dos animais.
.As chamas afectan aos animais, dependendo da súa mobilidade e do seu hábitat, moitos de eles morren.
Fonte do vídeo:(Telemiño ourense)

1 comentario: