domingo, 27 de octubre de 2013

Curiosidade no rio Barbaña de Ourense!

Unha das principales características da perda da biodiversidade é o intrusismo de especies, sucede cando son incorporadas especies novas a un ecosistema, e poden causar competencia coas especies autóctonas, que son desprazadas do seu nicho ecolóxico e incluso chegan a extinguirse!
Noticia do xornal " La Región":   
Autor: Efemedos
Como curiosidade podemos ver esta noticia, que afecta o entorno próximo o noso colexio, o río Barbaña de Ourense
autor: Staudacher


autor: Julio Martinez
Que podería atoparse no  río veciño?

 Caimán?
 Ratas?
 Nutrias? 
Seguro que xa sabes as respostas máis probables!!

 E senón a observar de cando en vez!!

domingo, 20 de octubre de 2013

A toxina nas Rías Galegas


Autor: Jesús DQ
A "Marea Roja" è unha excesiva proliferación de microalgas principalmente (dinoflaxelos) no mar, causada por diferentes tipos de algas tóxicas presentes nun número elevado.

Unha toxina é unha sustancia venenosa producida por células vivas ou microorganismos.
A alta concentración  de estos microorganismos planctónicos, algúns dos cales  producen toxinas; causa pérdidas económicas moi graves para a acuicultura, tan importante nas Rías Baixas de
GaliciaAfecta principalmente os animais microfiltradores en este caso os moluscos como o mexilòn.



martes, 8 de octubre de 2013

Cúranse tumores cerebrais con virus

Un virus modificado xenéticamente pódese convertir nun poderoso aliado contra o cancro cerebral. Un equipo de especialistas da Clínica Universidad de Navarra comezou unha investigación que trata tumores cerebrales agresivos combinando o virus coa quimioterapia. Un virus contra o cancro cerebral.
Neste vídeo vemos o tratamento de células malignas a través da viroterapia, na clínica Niño Jesús de Madrid vense facendo dende o 2012:



lunes, 7 de octubre de 2013

Os endemismos

Autor       LINCE IBÉRICO
Como xa sabedes,os endemismos son especies que se encontran nun determinado lugar ou zona xeográfica e que non se poden atopar noutra parte do mundo.

O endemismo é o resultado da evolución e da incomunicación dalgunhas especies. Dentro da sua mesma especie, cando as plantas e os animais quedan illados,  tenden a cambiar e así orixinan outras novas. Normalmente, canto máis tempo quedan incomunicadas máis especies poderemos encontrar. Por iso, debemos tratar de preservarlas xa que son únicas e se perdemos as áreas onde se encontran, extinguiríanse.

España contra con numerosos endemismos, tanto en fauna como en flora. Moitos de eles están en perigo de extinción.

Algunhas imaxes de endemismos:

Autor                      Salvia lavandulifolia

                    
Autor      (Veronica Nevadensis)

                      
                     


jueves, 3 de octubre de 2013

Os incendios e as súas repercusións

Os incendios son uns dos impactos ambientais que máis afectan a degradación dos montes e da Natureza.As consecuencias dun incendio son negativas tanto como para os homes como para o medio ambiente.

As consecuencias sobre a flora
.Un incendio tende a dexenerar a cuberta arbórea xa que o lume destrúe ós árbores.
.Os incendios deixan multitude de residuos mortos que serán un foco de enfermidades e pragas que repercutirán sobre as futuras repoboacións arbóreas.
.Coa diminución da flora tamén diminúe o proceso de absorción do dióxido de carbono e a emisión de osíxeno.

 As consecuencias sobre a fauna
.O lume rompe o equilibrio dos ecosistemas alterando de esta maneira na fauna.
.O lume provoca escasez de alimentos,de lugares onde refuxiarse e de outras condicións necesarias para a vida dos animais.
.As chamas afectan aos animais, dependendo da súa mobilidade e do seu hábitat, moitos de eles morren.
Fonte do vídeo:(Telemiño ourense)